Inicio Galicia Feijóo destaca os novos retos da Policía Autonómica ante a pandemia e...

Feijóo destaca os novos retos da Policía Autonómica ante a pandemia e incide na necesidade de que o Goberno central complete o seu cadro de persoal que non chega ao 80%

0

Destaca o papel que a Unidade Adscrita está a desenvolver na pandemia para garantir o cumprimento das normas adoptadas polas autoridades sanitarias, como aforos, uso de máscaras, prevención do botellón ou horario de peches dos locais

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe os novos retos da Policía Autonómica ante a pandemia e incidiu na necesidade de que o Goberno central complete o seu cadro de persoal que, na actualidade, non chega ao 80%.

Durante a toma de posesión do novo comisario da Policía Autonómica, Jorge Manuel Rubal Pena, Feijóo fixo fincapé nas funcións que desempeña este corpo, moi vinculadas coas necesidades e as peculiares da Comunidade, referíndose, a modo de exemplo, ás labores no eido do medio ambiente, como a loita contra os incendios ou a loita contra o furtivismo.“E non debemos esquecer a loita contra a violencia de xénero ou a protección ao menor”, engadiu, incidindo no papel que a Unidade Adscrita está a desenvolver na pandemia, para garantir o cumprimento das normas adoptadas polas autoridades sanitarias, como aforos, uso de máscaras, prevención do botellón ou horario de peches dos locais.

Así mesmo, o responsable do Executivo galego resaltou a celebración do Xacobeo 2021 como un importante fito, no que a colaboración da Policía Autonómica será necesaria para que sexa un éxito.“En definitiva, estamos a falar de retos aos que se enfronta o novo comisario e todo o seu equipo, unha unidade que debía estar composta por 500 policías e á que lle falta un 20% do seu persoal, 100 policías máis. Unha eiva de persoal que están contrarrestando con esforzo e sacrificio”, aseverou.

O titular da Xunta concluíu a súa intervención con palabras de recoñecemento e de agradecemento ao traballo realizado polo comisario saínte, Fernando Pico, reflectido no “magnífico balance” ao fronte da unidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre