Inicio Galicia Feijóo destaca oito iniciativas de mobilidade de terras agrarias para poñer en...

Feijóo destaca oito iniciativas de mobilidade de terras agrarias para poñer en valor terreos de 1.000 propietarios en toda Galicia

0

Indica que as iniciativas desenvólvense, cun investimento público de 800.000 euros, en terras cunha grande aptitude agraria e tamén un alto nivel de abandono

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, indicou hoxe, durante a rolda de prensa posterior ao Consello, que a Xunta, a través do Banco de Terras de Galicia, está a aplicar varias iniciativas con potencial demostrativo para poñer en valor terreos en toda a comunidade e que involucran uns 1.000 propietarios.

Segundo precisou o xefe do Executivo galego, trátase de terras cunha grande aptitude agraria e tamén un alto nivel de abandono, nas que, a través dun investimento público de case 800.000 euros, se puxeron en marcha desde 2017 iniciativas como a recuperación de soutos tradicionais no Courel; a valorización de terras abandonadas para prados en Sober; a recuperación de pasteiros de montaña nos Ancares; ou a recuperación de zonas de concentración parcelaria afectadas por lumes para producir cereais e viñedos en Cualedro e Oímbra.

Así mesmo, tamén se impulsou unha finca piloto para producir pemento con IXP en Arnoia; unha escola de formación agraria para persoas en risco de exclusión en Ferrol; un proxecto de recuperación de terras abandonadas para prados no val de Lemos e un mecanismo de redistribución de terras en base a permutas voluntarias en Sarria.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Ademais destas oito iniciativas, actualmente hai outros cinco proxectos que se atopan en estado inicial, como son o aproveitamento de cereal en Vilalba; as oliveiras en Quiroga; os cultivos hortícolas e de flores no Baixo Miño; as plantacións de cereais no Barco de Valdeorras; e os cultivos forraxeiros e castiñeiros na Cañiza.

Do mesmo xeito, Feijóo apuntou que nun futuro se prevé que se poñan en marcha dous proxectos máis: un relacionado cos viñedos en Arbo e outro silvícola na costa norte da provincia da Coruña.

Para poñer en marcha todas estas iniciativas, o presidente do Goberno galego prevé un investimento en 2019 doutros 2 millóns de euros máis e apuntou que para poñer en marcha os proxectos a Xunta realiza un labor de prospección, localiza os propietarios e ponos en contacto con cooperativas, empresas agrarias ou outras entidades interesadas.

En canto aos predios, unha vez recuperados, incorpóranse ao Banco de Terras e arréndanse baixo a figura do alugueiro pactado, o que permite máis axilidade e un prezo e prazo conforme aos interesas de ambas as dúas partes.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -