Inicio Galicia Feijóo destaca o éxito do Xuventude Crea que leva dez anos recordándolle...

Feijóo destaca o éxito do Xuventude Crea que leva dez anos recordándolle ao mundo que Galicia conta cunha canteira de artistas potente

0

O titular do Goberno galego participou hoxe na gala final do Xuventude Crea 2019 que nesta edición chegou ao seu récord histórico de participantes, con preto de 400


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o éxito do Xuventude Crea que leva dez anos recordándolle ao mundo enteiro que Galicia conta cunha canteira de artistas potente.

Durante a gala final, Feijóo afirmou que a Administración autonómica seguirá recoñecendo aos artistas máis orixinais e prometedores a través do Xuventude Crea, e promocionando aos novos referentes do mundo da música, do deporte ou da dinamización do rural, cos novos Premios Talento Mozo. “A Xunta seguirá apoiando e dando todas as facilidades para que as mozas e os mozos poidades expresarvos coa vosa propia voz”, aseverou, ao longo do evento que nesta edición chegou ao seu récord histórico de participantes, con preto de 400.

Nesta liña, referiuse aos 300 proxectos presentados, aos 94 gañadores e a todos os participantes polo traballo, a constancia e a perseveranza.

Durante a gala, o responsable do Goberno galego recordou que, nos seus dez anos de historia, o Xuventude Crea ten o luxo de contar no seu palmarés con artistas que, ademais de ser profetas na súa terra contan cun recoñecemento que se estende máis alá do Padornelo: como Sheila Pazos, gañadora na categoría de Moda en 2014 e cuxas creacións desfilan agora pola pasarela Cibeles; como Mon Devane, un graffiteiro galego que con 33 anos xa está consagrado como artista a nivel internacional; e como Eva Soto, que levou o premio de Deseño de xoias en 2010 e que vestiu coas súas creacións a artistas como Lady Gaga.

Feijóo concluíu pedindo aos mozos galegos que, se ben non hai un único camiño cara ao éxito, e nin sequera hai unanimidade sobre o que cada persoa entende como éxito, non deixen nunca de ser diversos e plurais, únicos e libres.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre