Inicio Galicia Feijóo destaca e agradece o labor dos voluntarios, das entidades sociais e...

Feijóo destaca e agradece o labor dos voluntarios, das entidades sociais e das ONG que están a participar xunto ao Goberno galego no Nadal Solidario en Vigo

0


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo agradecer esta tarde o labor de todos os voluntarios, das entidades sociais e das 24 ONG que están a participar xunto ao Goberno galego no Nadal Solidario en Vigo. Un espazo ideado para fomentar accións participativas de ambiente familiar e colaborar en positivo coa cidade cun Nadal próximo, xeneroso e solidario."Queremos agradecer a implicación de todas as familias e de todos os voluntarios que, a cambio de nada, poñen o seu tempo a disposición dos demais. O noso recoñecemento e homenaxe", aseverou durante a visita esta tarde ás actividades que se están a desenvolver no marco desta iniciativa, onde estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro.

Feijóo aproveitou a visita para desexar a todos os vigueses e galegos que 2020 sexa un "bo ano", cheo de oportunidades e de solidariedade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre