Inicio Galicia Feijóo destaca a profesionalidade dos traballadores do Servizo Galego de Saúde, artífices...

Feijóo destaca a profesionalidade dos traballadores do Servizo Galego de Saúde, artífices dunha Sanidade Pública "excelente"

0

Salienta que a todos estes logros únese o Premio Ramiro Carregal de investigación en cardioloxía, e concretamente o seu primeiro galardoado, o doutor Diego López Otero


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a profesionalidade dos 35.000 traballadores do Servizo Galego de Saúde, artífices, dixo, dunha Sanidade Pública “excelente”.

Durante a entrega do I Premio Ramiro Carregal de investigación en cardioloxía, Feijóo referiuse máis polo miúdo aos logros acadados pola plantilla de cardioloxía do Sergas, formada por un total de 145 cardiólogos –para actividade de cardioloxía e intervencionismo- e con 22 cirurxiáns cardíacos.

Ao respecto, resaltou que nos anos 2019, 2018, 2017, 2015, 2014 e 2013, o servizo de cardioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago recibiu o Best in Class, que o acredita como mellor servizo cardiolóxico de España; que este ano recibiron a acreditación de calidade SEC-Excelente un total de seis servizos de cardioloxía do Sergas; e que Galicia se sitúa á vangarda en hemodinámica e cardioloxía intervencionista, a través do programa de atención ao infarto agudo de miocardio, que permite actuacións coordinadas do 061, dos hospitais da área correspondente e dos hospitais con salas de hemodinámica.

Así mesmo, salientou o traballo do rexistro galego de infarto de miocardio encamiñado a determinar as características epidemiolóxicas, clínicas e terapéuticas da poboación afectada, proporcionar datos e avaliar a efectividade e eficiencia da rede asistencial. E lembrou que a o labor dos profesionais de cardioloxía do Sistema galego de saúde permitiu realizar o pasado ano un total de 25 transplantes.“E a todos estes logros únese o Premio Ramiro Carregal de investigación en cardioloxía, e concretamente o seu primeiro galardoado, o doutor Diego López Otero”, concluíu o presidente do Goberno galego, gabando o labor de mecenado que desenvolve o empresario Ramiro Carregal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre