Inicio Galicia Feijóo destaca a importancia da Festa do Albariño para que Galicia siga...

Feijóo destaca a importancia da Festa do Albariño para que Galicia siga sendo un dos principais destinos do enoturismo

0

Chama á responsabilidade de seguir transmitindo ás novas xeracións o sentimento de pertenza á Festa do Albariño


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a importancia da Festa do Albariño para que Galicia siga sendo un dos principais destinos do enoturismo.

Durante o Capítulo Serenísimo da LXVII edición da Festa do Albariño, Feijóo chamou á responsabilidade de seguir transmitindo ás novas xeracións o sentimento de pertenza ao Albariño, incidindo en que “só así conseguiredes que ese valioso sentimento que creastes, sexa eterno”.

No acto, o titular do Goberno galego salientou como unha vez máis o Capítulo Serenísimo consigue formar “unha gran coalición de mulleres e de homes” cun “íntegro acordo programático” que traballarán para facer que o albariño siga colleitando aínda máis éxitos que os que leva colleitado ata o de agora. Estas palabras díxoas referíndose ás novas damas e novos cabaleiros do Albariño: a farmacéutica e catedrática María José Alonso Fernández; o presidente das Bodegas Martín Codax, Xan Allegue López; o embaixador do Reino Unido en España, Simon Manley; o escritor Domingo Villar; o director xeral de contidos de Telecinco, Manuel Villanueva de Castro; e o conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González Vázquez.

Nesta liña, Feijóo quixo aproveitar para poñer en valor o traballo e o camiño labrado desde hai 50 anos do Capítulo Serenísimo, ao tempo que salientou a “calidade indiscutible” do albariño, que se pon de manifesto nas cifras da Denominación de Orixe Rías Baixas: a produción comercializada medrou máis dun 77,10% desde 2009 e o volume que se vende ao exterior case se triplicou neste mesmo período, sendo o sector agroindustrial máis exportador.

Pola súa parte, o conselleiro do Medio Rural, José González, enxalzou esta denominación de orixe, a máis grande de Galicia en canto a produción e exportación, sen perder a súa aposta pola calidade. De feito, destacou que o gañador das Catas de Galicia 2019 na modalidade de mellor viño branco da comunidade foi un viño albariño.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre