Inicio Galicia Feijóo constata que os pontevedreses contarán en abril de 2019 co novo...

Feijóo constata que os pontevedreses contarán en abril de 2019 co novo edificio xudicial que cubrirá as necesidades da cidade para as próximas décadas

0

Asevera que esta infraestrutura, na cal se están a investir 21 millóns de euros, terá capacidade para 28 unidades xudiciais

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, confirmou hoxe que os pontevedreses contarán en abril de 2019 co novo edificio xudicial que cubrirá as necesidades da cidade para as próximas décadas.

Durante unha visita ás obras da nova infraestrutura xudicial, Feijóo aseverou que o futuro edificio xudicial da Parda, no que se están a investir 21 millóns de euros, terá capacidade para 28 unidades xudiciais. Todo isto nunha superficie de 21.000 metros cadrados que estará conectada co edificio actual a través dunha pasarela, mellorando a funcionalidade e compoñendo un único complexo de máis de 37.000 m2.“Estamos a falar dun edificio arquitectonicamente lixeiro e con espazos diáfanos” dixo, incidindo en que fará máis cómodo o seu uso diario para os profesionais e para as case 120.000 persoas comprendidas neste partido xudicial.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta lembrou que esta nova obra, produto da colaboración institucional, forma parte do Plan de infraestruturas xudiciais que, con 100 millóns de euros, se propuxo dotar as cidades galegas de edificios xudiciais modernos, funcionais e co equipamento tecnolóxico necesario. Así, grazas a este investimento histórico, Galicia conta xa a día de hoxe: con novos edificios xudiciais en Santiago e Ourense; cunha Fábrica de Tabacos renovada e reconvertida en Cidade da Xustiza na Coruña; coa adecuación doa xulgados de Ferrol; e coas obras xa avanzadas para transformar o antigo Hospital Xeral de Vigo noutra Cidade da Xustiza, que será unha realidade a comezos de 2020.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Vigo propone a Gonzalo Caballero como candidato gallego a las europeas

Feijóo aseverou que o edificio xudicial da Parda forma parte dunha serie de actuacións, rematadas ou en marcha, que a Administración autonómica está a desenvolver na cidade do Lérez e que suman un investimento de máis de 200 millóns de euros.

Máis polo miúdo, referiuse ao proxecto do Gran Montecelo que está previsto licitar e adxudicar o ano que vén para que poida abrir as súas portas no ano 2021; ao proceso de rehabilitación do edificio administrativo de Benito Corbal; ao proxecto da estación intermodal; e á mellora da ponte da Barca, cuxas obras xa están en marcha.

Así mesmo, destacou outras actuacións, como a variante de Alba, o saneamento da ría, o pavillón de ximnasia ou a residencia de maiores.


- Te recomendamos -