Inicio Galicia Feijóo avoga por recuperar a política útil, a estabilidade e a centralidade

Feijóo avoga por recuperar a política útil, a estabilidade e a centralidade

0

Aconsella ao presidente do Goberno en funcións que non caia na tentación de pagar unha parte da débeda ás comunidades autónomas e deixar a deber o resto 


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou, tras a clausura do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, por recuperar a política útil, a estabilidade e a centralidade. “Non pode haber política de futuro sen estabilidade nin centralidade”, aseverou.

Tras felicitar aos organizadores pola organización destas xornadas, Feijóo valorou que o Foro La Toja-Vínculo Atlántico mandou unha “mensaxe de esperanza” porque “a política consiste en entenderse; a política non pode ser un problema para un país, senón que ten formar parte da solución”.

Feijóo tivo palabras de agradecemento para todos os ponentes que visitaron a IIla da Toxa como o Rei Felipe VI, os ex presidentes Felipe González e Mariano Rajoy ou os presidentes de Telefónica, Inditex e Abanca, entre outros.

Por outra banda, o xefe do Executivo galego aproveitou a participación do presidente do Goberno en funcións na clausura das xornadas para pedirlle que se saque do debate político o cumprimento do deber do Goberno central de pagar o que debe ás comunidades autónomas. Ademais, aconselloulle que “non tensione a vida política autonómica e que non caia na tentación de pagar unha parte e deixar a deber o resto.”Tamén abordou con Pedro Sánchez os problemas das electrointensivas en Galicia con empresas como Alcoa, Megasa ou Ferroatlántica.

Ademais, o presidente da Xunta valorou o compromiso de retomar as conversacións sobre a central térmica de Endesa porque os traballadores de As Pontes “non se poden levantar un día e enterarse de que ese entramado industrial se vai cerrar”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre