Inicio Galicia Feijóo avoga por ampliar a Estratexia de desenvolvemento transfronteirizo coa inclusión do...

Feijóo avoga por ampliar a Estratexia de desenvolvemento transfronteirizo coa inclusión do tren de alta velocidade Vigo-Porto e a posta en valor do Camiño Portugués

0
image_gallery.jpg

Apela a un maior compromiso co Corredor Atlántico de mercadorías, fundamental para todo o norte de Portugal e para todo o noroeste de España


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por ampliar a Estratexia de desenvolvemento transfronteirizo coa inclusión do tren de alta velocidade Vigo-Porto, un maior compromiso co Corredor Atlántico e a posta en valor do Camiño Portugués.“Estamos a falar dunha Estratexia útil pero na que botamos de menos varias cuestións, como que se poña en valor o Camiño Portugués, fundamental para seguir unindo a Eurorrexión e as nacións; un maior compromiso co Corredor Atlántico de mercadorías, fundamental para todo o norte de Portugal e para todo o noroeste de España, para poder competir con outros corredores como o Mediterráneo; e a inclusión do tren de alta velocidade entre Vigo e Porto”, precisou, valorando a decisión do Goberno portugués de inxectar fondos á liña de alta velocidade desde Valença ata Braga.

Ao longo da súa intervención no debate Europa sen fronteiras: o papel da cooperación transfronteiriza na consolidación do proxecto europeo, no marco das II Xornadas Amizade Cerveira-Tomiño, Feijóo reivindicou a importancia de Europa como proxecto político, social e de convivencia, así como o papel das eurorrexións como ecosistemas económicos, sociais, culturais, sanitarios e de emerxencias.

Sobre este último punto, lembrou os traballos desenvolvidos pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa elaboración do Plan de reactivación da cooperación transfronteiriza, que serviu en parte de base á Estratexia.“Fomos útiles e leais e proporcionamos aos nosos gobernos un documento”, dixo, confirmando que, neste momento, Galicia e o Norte de Portugal están traballando nun novo Plan de investimentos conxuntos que responderá ao novo marco europeo 2021-2027.

Un plan, que será presentado no vindeiro Plenario da Comunidade de Traballo como ferramenta clave para afrontar os novos retos, e que contará con varios eixos: a innovación, a dixitalización e a internacionalización para a creación de emprego; a transición ecolóxica e a descarbonización; o desafío demográfico e as ameazas á saúde pública; e a cohesión social.

Nesta liña, o presidente da Xunta concluíu recordando que o último Programa Operativo POCTEP, permitiu levar a cabo 80 proxectos, cun investimento conxunto que supera os 131 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre