Inicio Galicia Feijóo avanza unha achega de preto de 7, 6 millóns de euros...

Feijóo avanza unha achega de preto de 7, 6 millóns de euros para impulsar a contratación de 895 perceptores da Risga en 191 concellos

0

Resalta que “estamos ante a convocatoria máis ampla deste plan” e que deste xeito se atenden a totalidade das solicitudes que se presentaron


O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello unha achega de 7, 6 millóns de euros para impulsar a contratación de 895 perceptores da Risga en 191 concellos.

Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que “estamos ante a convocatoria máis ampla deste plan” e que deste xeito se atenden a totalidade das solicitudes que se presentaron e cumprían os requisitos que se exixían. Cada un dos 191 concellos poderá ter entre 2 traballadores ata un máximo de 40 acollidos a este programa. O importe medio da axuda concedida por cada traballador é de 8.747 euros, preto dun 4% máis que o ano pasado. E, do mesmo xeito que en anos anteriores, terán prioridade as persoas que teñan asignado un proxecto de inserción laboral, os maiores de 45 anos ou as persoas con cargas familiares.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Nesta mesma liña, o presidente da Xunta avanzou que o Goberno autonómico está a traballar xa nun novo decreto que permita compatibilizar a percepción da Risga co cobro dun salario de traballo, co obxectivo de que a Risga se converta nun instrumento que incentive a inserción efectiva no mercado de traballo.

Segundo explicou o presidente da Xunta, os datos do IGE confirman que a economía galega creceu neste primeiro trimestre, en termos interanuais, un 3,1% un punto por riba da economía española. Esta mellora na situación económica fai que as solicitudes da Risga diminuísen nos últimos tempos. De acordo tamén con estes datos oficiais creáronse 16.000 postos de traballo a tempo completo e Galicia leva 10 trimestres consecutivos con taxas de crecemento anuais iguais ou superiores ao 3%.


- Te recomendamos -