Inicio Galicia Feijóo avanza que as liñas estratéxicas do Plan Xacobeo 2021 serán aprobadas...

Feijóo avanza que as liñas estratéxicas do Plan Xacobeo 2021 serán aprobadas despois do verán co obxectivo de que o ano santo cambie a historia da proxección de Galicia no mundo

0

Afirma que este fin require da implicación de toda Galicia, “dunha achega adicional de ilusión, de xenerosidade e de responsabilidade de todas as administracións, pero sobre todo do pobo galego, que acolle os visitantes”

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que as liñas estratéxicas do Plan Xacobeo 2021 serán aprobadas despois do verán. Este documento plasmará a ambición coa que Galicia afronta este ano santo, co obxectivo de que cambie a historia da proxección da imaxe e da presenza de Galicia no mundo.

Tras a sesión constitutiva da comisión organizadora do Xacobeo 2021, Feijóo asegurou que este obxectivo require da implicación de toda Galicia, “dunha achega adicional de ilusión, de xenerosidade e de responsabilidade de todas as administracións públicas, pero sobre todo do pobo galego, que acolle todos os peregrinos e visitantes”.“E por iso esta comisión conta coa participación dos diferentes departamentos da Xunta, para atender facetas como a turística, a patrimonial, a das infraestruturas e as sociais; da Delegación do Goberno, que velará pola seguridade e garantirá a coordinación co Executivo central; do Arcebispado de Santiago, que se responsabiliza da Catedral, onde os peregrinos rematan a súa andaina; do Concello, que compromete a mellor acollida aos peregrinos na capital de Galicia; e da Fegamp, que canaliza as achegas de todos os municipios polos que pasa a ruta xacobea”, explicou.

Leer más:  Las ventas del comercio minorista gallego suben un 2,8% en febrero, dos puntos menos que la media nacional

Así mesmo, subliñou que este equipo estará encabezado pola comisaria, Cecilia Pereira, cunha longa traxectoria en xestión cultural que a avala para exercer o comisariado deste evento. E complementarase co traballo do Grupo Ano Santo 2021, constituído este mesmo mes no seo do Consello Xacobeo.

O presidente da Xunta resaltou ademais que a Comunidade contará co apoio do Goberno central a través de dous compromisos: tres anos de bonificación fiscal para os patrocinadores do Xacobeo 2021, un ano máis que noutros anos santos; e a celebración na nosa terra de dous sorteos da Lotería Nacional.“Galicia non ten nin un minuto que perder para seguir avanzando cara á celebración do Xacobeo 2021”, aseverou, incidindo en que os cimentos deste grande edificio xa están asentados, cun Plan director do Camiño de Santiago que, dotado con 56 millóns de euros, conta con actuacións para a mellora da conservación dos camiños e do seu patrimonio; o impulso do traballo para estender os beneficios das rutas a outros concellos de ampla tradición xacobea, a difusión do Camiño fóra das nosas fronteiras e a diversificación das rutas e desestacionalización do Camiño.

Leer más:  Detenido un hombre en Lugo tras golpear a su pareja en presencia de su hijo menor que grabó la agresión

Nesta liña, cómpre salientar tamén a transformación da capital galega, plasmada en actuacións como a creación do Centro Internacional de Acollida do Peregrino; a rehabilitación integral da Catedral, coa presentación antes do 25 de xullo da rehabilitacións do Pórtico da Gloria; a posta a punto do Monte do Gozo; a adecuación das entradas na cidade do Camiño Francés e do Camiño inglés; a celebración do festival O Son do Camiño e a creación do Centro europeo de investigación en paisaxes culturais, que axudará a coñecer mellor a ruta xacobea.

Feijóo aseverou concluíndo que o reto que Galicia ten por diante é cargar de razóns aos que nunca fixeron o Camiño para que o fagan e visiten Galicia, e encher de argumentos aos que o fixeron para que volvan visitarnos. “E todo indica que imos ben encamiñados”, asegurou, referíndose ao Estudo do impacto socioeconómico do Camiño de Santiago, elaborado pola Universidade de Santiago, cuxos datos reflicten que: o 98,6% dos peregrinos recomenda facer o Camiño; e catro de cada cinco afirman que regresarán como turistas a Galicia.

Leer más:  Rueda denosta la alianza europea del BNG, al que el PPdeG ve "más cerca del terrorismo que de los gallegos"

- Te recomendamos -