Inicio Galicia Feijóo avanza a posta en marcha dun novo programa de formación dual...

Feijóo avanza a posta en marcha dun novo programa de formación dual que, dotado con 3 millóns de euros, impulsará a integración laboral das persoas con discapacidade intelectual

0

Subliña que cada centro especial de emprego poderá presentar un máximo de dous proxectos e contarán cun máximo de 10 persoas participantes e un mínimo de 6


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe na rolda de prensa do Consello a posta en marcha dun novo programa de formación dual que, dotado con 3 millóns de euros, impulsará a integración laboral das persoas con discapacidade intelectual a través da cualificación e a experiencia profesional.

Ao longo da súa intervención, Feijóo explicou que os centros especiais de emprego interesados en participar no programa deberán estar cualificados como centros sen ánimo de lucro e contar cun mínimo de 10 traballadores, dos cales polo menos o 30% deben ter discapacidade intelectual.

No relativo aos proxectos, cómpre subliñar que cada entidade poderá presentar un máximo de dous proxectos. Contarán cun máximo de 10 persoas participantes e un mínimo de 6; e o tempo de traballo efectivo será do 50% da xornada, e o 50% restante será destinado a formación.

Os centros especiais de emprego obterán axudas para asumir os custos salariais dos participantes, para o desenvolvemento das actividades formativas e para a contratación de persoal de apoio e acompañamento das persoas con discapacidade no seu posto de traballo.

Os apoios, que alcanzan os 36.750 euros por traballador, concederanse en réxime de concorrencia competitiva. “En definitiva, un programa máis dentro do compromiso de conseguir emprego para as persoas con algún tipo de discapacidade”, concluíu.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre