Inicio Galicia Feijóo avanza a posta en marcha do Plan estratéxico de produción ecolóxica...

Feijóo avanza a posta en marcha do Plan estratéxico de produción ecolóxica que guiará nos vindeiros cinco anos o crecemento dunha das ramas con maior potencial para o sector primario

0

Salienta que esta folla de ruta se basea na visión de conxunto da nosa terra e do noso mar e na identificación dos retos e oportunidades para o futuro


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a posta en marcha do Plan estratéxico de produción ecolóxica que, acordado co sector, guiará nos vindeiros cinco anos o crecemento dunha das ramas con maior potencial para o sector primario.

Durante o VIII Encontro da industria alimentaria, Feijóo subliñou que esta folla de ruta baséase na visión de conxunto da nosa terra e do noso mar e na identificación dos retos e oportunidades para o futuro da produción ecolóxica. Non en van, cada vez son máis as persoas que traballan neste eido e os produtos ecolóxicos alcanzaron un volume de vendas de preto de 60 millóns de euros en 2017, un 41% máis que o ano anterior.“Temos moito que facer neste eido, hai un nicho de mercado importantísimo e agora temos unha folla de ruta e unha visión de conxunto”, abundou, incidindo na importancia de seguir traballando conxuntamente.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Nesta liña, aseverou que esta filosofía de cooperación é a que guía ao grupo Vegalsa-Eroski, referíndose á súa aposta polos produtos de proximidade, pola calidade, xa que contribúe á dinamización económica de pequenas cooperativas e pemes e pola sustentabilidade, xa que aposta por alimentos frescos, locais e de temporada.

Ao longo da súa intervención, Feijóo destacou ademais a competitividade do sector primario galego como proban as cifras récord acadadas no sector marítimo, no que traballan máis de 44.000 persoas: “Batemos o récord de descargas de produtos procedentes do noso mar, con máis de 212.000 toneladas; rompemos o teito dos 500 millóns de euros en ingresos procedentes da súa primeira venda; e os niveis de facturación das industrias transformadoras e comercializadoras dos produtos do mar mantéñense na liña dos 7000 millóns de euros anuais”, dixo.

Así mesmo, avogou por avanzar na creación de valor engadido. E, con este obxectivo a Xunta aumentou este ano as partidas destinadas a este fin: un 55% as liñas destinadas á mellora da transformación e comercialización de produtos pesqueiros; e un 37% as orientadas a consolidar os mercados onde recalan os nosos produtos.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

O presidente do Executivo autonómico destacou tamén o carácter estratéxico do agro, un sector que dá emprego a máis de 21.000 traballadores e clave no equilibrio territorial e no desenvolvemento das economías locais, xa que preto do 60% das empresas que operan neste eido se sitúan en concellos con menos de 10.000 habitantes.“E para apoiar o seu crecemento sustentable, desde o Goberno galego estamos a traballar nunha tripla dirección: promover a organización colectiva dos agricultores; aumentar o valor engadido dos produtos, a través do apoio á I+D+i aplicado á industria agroalimentaria; e potenciar a capacidade exportadora”, recordou.

Feijóo subliñou ademais que a Comunidade galega conta con 32 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. E grazas ao traballo conxunto co sector agroalimentario, viron a luz iniciativas como: a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, que dedicará este ano 30 millóns de euros impulsar a calidade e a innovación; ou o Plan de promoción da calidade alimentaria, que, cun orzamento que supera os 34 millóns, pretende situar Galicia á vangarda da produción alimentaria de excelencia. 

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

- Te recomendamos -