Inicio Galicia Feijóo avanza a creación dunha comisión interdepartamental para "potenciar e coordinar" a...

Feijóo avanza a creación dunha comisión interdepartamental para "potenciar e coordinar" a investigación e a innovación da Comunidade

0
image_gallery.jpg

Destaca que o organismo crearase para perfeccionar a coordinación dos distintos departamentos da Xunta á hora de planificar obxectivos, levar a cabo proxectos e executar os fondos nesta materia


O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves a creación dunha comisión interdepartamental para “potenciar e coordinar” a investigación e a innovación da Comunidade. O Consello acordou a súa posta en marcha para ordenar a xestión do I+D+i da Xunta dentro dun único órgano.

Feijóo explicou que a comisión crearase para “perfeccionar a coordinación dos distintos departamentos da Xunta co obxecto de planificar os obxectivos, levar a cabo os proxectos e executar os fondos” dispoñibles nesta materia. “Queremos a maior eficacia e fortalecemento do ecosistema innovador de Galicia”, abundou.

O titular do Goberno galego detallou que o organismo terá distintas funcións, entre as cales se atopan a identificación de sinerxías entre distintas consellerías e evitar solapamentos, impulsar a contratación de persoal investigador, abordar o estudo de modificacións normativas neste eido, o desenvolver un cadro de mando integral en I+D+i, participar na posta en marcha de proxectos ou o incentivar a simplificación normativa.

A comisión, explicou Feijóo, estará presidida polo vicepresidente segundo e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, mentres que a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, ocupará o cargo de vicepresidenta. Ademais, terán representación oito consellerías a través de distintos departamentos e organismos, e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dependente de Presidencia.

Feijóo lembrou o traballo feito os avances no I+D+i de Galicia, como o incremento entre 2014 e 2018 dos investimentos en innovación nun 23,8%, ou a suba no mesmo período dun 13% no persoal ligado a actividades innovadoras. A comisión tamén se suma a outras decisións de respaldo a este eido, como o apoio con 12 millóns de euros a 112 proxectos innovadores dentro da loita contra a covid-19, ou a inclusión de iniciativas innovadoras na lista de 108 proxectos galegos preparados para optar ao fondo europeo Next Generation de reconstrución.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre