Inicio Galicia Feijóo apela ao papel motriz das universidades galegas, acompañado dun Plan de...

Feijóo apela ao papel motriz das universidades galegas, acompañado dun Plan de financiamento 2022/2026 que fixará os obxectivos básicos en docencia, investigación e transferencia de coñecemento

0
image_gallery.jpg

Subliña que a colaboración permitiu anticipar medidas que fan posible que o curso se inicie con garantías; e confirma que a Xunta transferirá 3 millóns para facer fronte aos gastos extraordinarios deste inicio de curso


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe ao papel motriz das universidades galegas, que estará acompañado por un Plan de financiamento universitario 2022/2026, “que estamos negociando xa e que fixará os obxectivos básicos en docencia, investigación e transferencia de coñecemento”, confirmou.“Logramos a calidade e agora toca traballar na procura da excelencia académica”, aseverou, recordando que con ese rumbo establécese o pacto para o mapa de titulacións, que supón a entrada de 13 novos graos ao sistema universitario; o incremento de prazas nun título axústase a criterios precisos, como a demanda e a necesidade social ou a taxa de empregabilidade; e realizouse, tamén, a primeira convocatoria en España de Máster de Excelencia, así como a convocatoria de Excelencia Académica para o alumnado, ademais de mellorar a convocatoria dos Premios Fin de Carreira.

Así mesmo, recordou que as universidades galegas teñen blindadas desde hai unha década as achegas da Administración e, desde 2018 superaron o nivel de transferencias que tiñan antes da crise.“En 2020, os recursos públicos asignados acadan os 443 millóns de euros, un teito histórico”, lembrou, subliñando que esta estabilidade beneficia tamén á investigación, mediante un marco definido para o período 2019-2022, que se traduce nunha inxección de 20,5 millóns de euros, aspirando a unha investigación universitaria competitiva no terreo de xogo internacional.

Neste liña, referiuse á Aula Integra da Universidade de Vigo, así como ao programa de probas PCR mediante saliva e pooling, levado a cabo pola Fundación Biomédica Galicia Sur, que visitou esta mañá no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro, como exemplos de excelencia, como exemplos dunha resposta “excelente” á situación extraordinaria que estamos a vivir. Non en van, o programa de probas PCR mediante saliva e pooling é o primeiro de toda España e permitirá realizar 100.000 probas ao mes.

As universidades: institucións tractoras que fan forte a GaliciaDurante a súa intervención no acto de apertura do curso académico universitario 2020/2021, na Universidade de Vigo, o titular do Goberno galego reiterou a aposta da Xunta por tres proxectos tractores, “que poderán ser máis”, para pilotar a reactivación da economía e sentar as bases da economía galega na vindeira década.“Grandes proxectos tractores onde as administracións serán so unha pequena parte, xa que ademais delas, precisaremos para a súa implantación da implicación dos axentes sociais, de empresas, sindicatos e traballadores e tamén, das universidades”, explicou, incidindo en que as universidades galegas son parte das institucións tractoras que fan forte a Galicia, capaces de estimular a creatividade, o enxeño e o talento.“Falamos de institucións que tenden pontes que axudan a comunicar mellor o noso país. Pontes entre o pasado e o futuro, entre o coñecemento e a sociedade, pontes entre galegos de diferente orixe e pensamento que, cada día nas aulas, nos laboratorios, nos centros de investigación, traballan, ensinan e aprenden xuntos”, abundou.

Medidas para iniciar o curso con garantíasFeijóo concluíu subliñando que a colaboración entre as universidades e a Xunta permitiu anticipar medidas que fan posible que o curso se inicie con garantías: coa aprobación de plans de continxencia, que contemplan tres escenarios para as distintas situacións sanitarias e con plans de prevención sanitaria axustados a cada centro. Por outra banda, no mes de abril establecéronse os requisitos para a docencia non presencial, de maneira que non supoña unha diminución da calidade e fixáronse os cambios na guía docente de cada materia de grao ou máster.“E Sabemos que manter uns estándares axeitados esixe recursos, e por iso a Xunta vai transferir 3 millóns de euros para facer fronte aos gastos extraordinarios deste inicio de curso”, engadiu. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre