Inicio Galicia Feijóo anuncia unha convocatoria de axudas que permitirá reter ou traer ás...

Feijóo anuncia unha convocatoria de axudas que permitirá reter ou traer ás universidades galegas a 15 investigadores de alto nivel

0

Afirma que a Cidade das TIC na que se está a traballar é a proba de que a UDC camiña pola ruta de máis unión da universidade coa súa contorna e garante o apoio da Xunta “porque será útil para o sector da tecnoloxía, para a cidade e para Galicia”


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, durante a toma de posesión do novo reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, a publicación no vindeiro mes de febreiro, no Diario Oficial de Galicia, da primeira convocatoria de investigadores distinguidos, que permitirá que 15 investigadores de alto nivel -5 na categoría de retención e 10 na categoría de retorno- se incorporen ás universidades galegas este mesmo ano, cunha axuda adicional para desenvolver os seus proxectos de investigación.

Logo de precisar ademais que este número incrementarase progresivamente nas vindeiras convocatorias, en función dos resultados obtidos nesta convocatoria piloto, Feijóo quixo durante a súa intervención reeditar o compromiso da Administración autonómica coa investigación, cuns investimentos directos nas tres universidades en 2019 que superaron os 61 millóns de euros, sendo esta a partida incluída no plan de financiamento cun crecemento maior cada ano.

Máis polo miúdo, o titular da Xunta subliñou que estes investimentos soportan 500 contratos activos de investigadores en formación dos programas propios, que son un dos activos máis importantes da Comunidade, así como o cofinanciamento do traballo doutros 70 investigadores dos máis prestixiosos programas nacionais. E recordou tamén que 235 grupos de investigación de referencia competitiva ou de potencial crecemento teñen un financiamento estrutural estable a 3 e 4 anos, traballando neles máis de 1.000 investigadores estables.

Nesta mesma liña, aseverou que a Cidade das TIC na que se está a traballar é a proba de que a Universidade da Coruña camiña pola ruta de máis unión da Universidade coa súa contorna, “e desde logo, a Xunta estará aí para apoiala porque é o noso compromiso e porque pensamos que será útil para o sector da tecnoloxía, para a cidade e para Galicia”.

Galicia referente no apoio aos centros de investigación Así mesmo, resaltou que Galicia é referente no Estado no apoio aos centros de investigación universitarios, e lembrou que o DOG de onte recolle a concesión das axudas da última convocatoria pola que se concederon 18 millóns de euros a 8 deses centros, situándoos nun contexto de alta competitividade en Europa. Esta axuda, que garante o seu funcionamento ata 2022, incrementa a súa contía un 75% con respecto ao período 2016-2019.

Para darse de conta da magnitude da convocatoria, Feijóo lembrou que a maior certificación que se obtén en España, ser centro Severo Ochoa, outorga un financiamento anual dun millón de euros, e a certificación María de Maeztu, a segunda en importancia, outorga medio millón anual. “Pois ben, un centro galego obtivo un millón de euros, dous máis recibirán máis de 900.000 euros/ano e outros catro superan con amplitude os 500.000 euros”, precisou, constatando que, en total, sete centros de investigación universitaria galega recibirán un financiamento base superior ao da maioría dos centros de investigación punteiros recoñecidos en España.

As transferencias do Plan de financiamento do SUG marcarán un novo teito: 443M€A mellor mostra de que a Universidade é prioritaria ponse de manifesto, segundo o presidente da Xunta, no feito de que esta xa recuperou hai dous anos os niveis de orzamento precrise. Así, mentres os orzamentos de Galicia aínda non recuperaron neste 2020 o nivel de 2009, a universidade galega xa o recuperou en 2018.

Ao respecto, reiterou que as transferencias do Plan de financiamento ás tres universidades galegas marcarán un novo teito, ao recibir 443 millóns de euros. Unha proba máis do compromiso innegable da Comunidade coas súas universidades, que fai posible que cada día se dediquen a ela máis de 1,2 millóns de euros.“Unha cantidade que debe seguir crecendo e que tentaremos conseguilo a través do novo Plan de financiamento 2021-2025, que comezaremos a deseñar xa en febreiro”, avanzou, ao que engadiu que ese compromiso reflíctese tamén en termos relativos, é dicir, en comparación co resto de comunidades autónomas de España, xa que segundo o estudo realizado polo Observatorio do Sistema Universitario, Galicia ocupa a terceira posición no conxunto de España no tocante á porcentaxe do PIB dedicada á financiación universitaria.

Especialización dos campus, un reto do futuroDurante a súa intervención, o responsable do Goberno galego referiuse tamén á especialización dos campus e animou ás universidades galegas a seguir por ese camiño, xa que do seu éxito depende a xeración de profesionais cos perfís adecuados para responder en cada momento ás necesidades e demandas da sociedade e do mercado laboral.

Logo de resaltar que Galicia é a primeira Comunidade Autónoma que vai regular un procedemento desta natureza, cun plan único en España que xa frutificou en oito campus especializados, dos que tres corresponden á UDC, Feijóo lembrou que o investimento realizado e comprometido nos campus no período 2013-2020 supera os 17 millóns de euros e, dado que nalgún caso xa está nunha fase moi madura, avogou por iniciar o procedemento de acreditación formal dos campus de especialización.

A orde que regula este procedemento publicouse no pasado outono e os campus que superen o proceso recibirán a acreditación, que leva asociada a aprobación dun plan de investimentos a catro anos, para acometer as accións previstas na súa estratexia docente, investigadora e de transferencia.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre