Inicio Galicia Feijóo anuncia que Galicia fará cribados semanais das residencias sociosanitarias

Feijóo anuncia que Galicia fará cribados semanais das residencias sociosanitarias

0

Subliña que esta medida é un dos obxectivos da adquisición de 3 millóns de tests de antíxenos anunciada onte no Parlamento

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que Galicia levará a cabo cribados semanais das residencias sociosanitarias. Para iso, ademais de incrementar a frecuencia de realización de probas PCR, estas complementaranse con tests de antíxenos para reforzar a capacidade diagnóstica.

Despois da reunión semanal do Goberno galego, o presidente da Xunta engadiu que esta medida é “un dos obxectivos fundamentais” da adquisición de 3 millóns de tests de antíxenos anunciada onte no Parlamento e adiantou que se vai implantar un plan de choque nas residencias sociosanitarias. Este plan será detallado mañá polos conselleiros de Sanidade e Política Social.“As residencias de maiores son unha das nosas maiores preocupacións e imos seguir apostando pola detección precoz”, concluíu, ademais de lembrar que Galicia foi a primeira comunidade autónoma que implantou cribados quincenais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre