Inicio Galicia Feijóo anuncia a aprobación en novembro da Lei de reactivación para facilitar...

Feijóo anuncia a aprobación en novembro da Lei de reactivación para facilitar os trámites da administración ás empresas

0
image_gallery.jpg

Precisa que o novo texto buscará que a Xunta se converta na administración máis áxil dos últimos 40 anos, que se eliminen solapamentos innecesarios, disfuncións e duplicidades entre departamentos, e que se facilite a captación e execución de proxectos


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a aprobación este mes de novembro da Lei de reactivación que facilitará os trámites da administración ás empresas.“Blindaremos por lei a maior resposta dada pola Xunta á diminución da xestión burocrática da Administración pública autonómica”, aseverou, precisando que o novo texto buscará que a Xunta se converta na administración máis áxil dos últimos 40 anos, que se eliminen solapamentos innecesarios, disfuncións e duplicidades entre departamentos, e que se facilite a captación e execución de proxectos.

Durante a súa participación no encontro #CONECTACEP da Confederación de Empresario de Pontevedra, Feijóo reivindicou o papel das administracións públicas como facilitadoras da actividade emprendedora e, nesta liña, avanzou que a nova lei contará cunha serie de catálogos por sectores de actividade que recollerán todos os trámites administrativos esixibles para implantar empresas.“Elaboraremos unha guía actualizada coas axudas, trámites e procedementos da administración para concretar con detalle que é o que unha empresa necesita”, explicou.

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta salientou o traballo da Comunidade para trazar, desde o primeiro momento da pandemia, unha folla de ruta con iniciativas e medidas concretas para afrontala desde tres vertentes: a sanitaria, a social e a económica.

Sobre este último punto, destacou a aprobación, no pasado Consello, dun teito de Gasto excepcional, que alcanza os 11.664 millóns de euros, e que permitirá incrementar a capacidade de gasto en 1.500 millóns de euros. E, no eido dos fondos europeos de recuperación, incidiu na oportunidade que se abre e recordou que Galicia xa ten preparada unha lista de 108 proxectos que poderán mobilizar 9.400 millóns de euros en diversos eidos, como a transición enerxética, a nova realidade dixital, a innovación e servizos sociosanitarios de última xeración.

O presidente da Xunta expuxo a necesidade de seguir actuando para loitar contra a pandemia e de reactivar a economía, subliñando en relación a este último punto que neste camiño é fundamental a colaboración público-privada e a participación de todos os actores.

Feijóo aproveitou o encontro para referirse tamén a decepción que para Galicia supoñen os orzamentos xerais do Estado, co menor investimento para a Comunidade nos últimos 15 anos.

Compromiso da Administración autonómica coa provinciaO presidente da Xunta concluíu reiterando o compromiso do Goberno galego con Vigo e coa provincia. Así, referiuse, en relación á cidade olívica a proxectos como: a construción da Cidade da Xustiza, o apoio a sectores estratéxicos como a automoción, o naval e o sector do mar; o desenvolvemento da Plisan; a ampliación do Ifevi; a finalización da intermodal; ou a construción na Etea dun pavillón polideportivo e a nova residencias de maiores. “O novo edificio xudicial da Parda e unha residencia de maiores tamén en Pontevedra, ou o novo hospital de Montecelo con 140 millóns de investimento son outras inversións estratéxicas para a provincia”, recordou a modo de exemplo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre