Inicio Galicia Feijóo anima ás empresas galegas a apostar pola mellora social e ambiental...

Feijóo anima ás empresas galegas a apostar pola mellora social e ambiental do entorno no que desempeñan a súa actividade a través de ámbitos como o cambio climático, a conciliación e o Xacobeo 2021

0

No tocante ao cambio climático, aposta por seguir traballando xunto ao tecido produtivo galego para que as empresas poidan ir dando respostas as súas propias estratexias ambientais


O presidente da Xunta animou hoxe ás empresas a apostar pola competitividade tamén a través da mellora social e ambiental do entorno no que desempeña a súa actividade, incidindo en que isto sería non só bo para elas, senón tamén para o territorio onde se sitúan.

Nesta liña, propuxo tres ámbitos nos que unha empresa galega socialmente responsable pode desenvolver proxectos que a conduzan a mellorar o seu entorno: o cambio climático, a conciliación e o Xacobeo 2021. “Tres ámbitos nos que o Goberno galego estará sempre disposto a colaborar para que os proxectos que se queiran desenvolver poidan chegar a bo termo”, abundou.

Durante a inauguración da xornada Más allá de la RSC: cómo enfocar el negocio de las compañías para crear un entorno favorable, Feijóo aseverou que, no tocante ao cambio climático, a Xunta seguirá a traballar co tecido produtivo galego para que as empresas poidan ir dando respostas as súas propias estratexias ambientais. E, sobre a conciliación da vida familiar e laboral, invitou ás empresas a dirixir as súas políticas de recursos humanos cara a unha maior facilidade para a conciliación, lembrando que este ámbito é clave para afrontar un dos máis grandes retos que hai por diante como é o demográfico.

Así mesmo, o titular do Executivo autonómico subliñou que Galicia ten por diante un evento, o Xacobeo 2021, no que as empresas poderán dar mostras dun compromiso social a través dunha colaboración efectiva. Non en van, esta celebración será fundamental para o turismo, a cultura e para a difusión dunha imaxe da Galicia próspera que se está a construír.

Ao longo da súa intervención, incidiu en que a empresa que queira ter éxito presente e futuro non pode abstraerse dos impactos que a súa actividade xera no seu entorno, operando como se fose un ente illado ou como se as súas accións non tiveran consecuencias para outros. E avogou por que a responsabilidade social empresarial impregne a toda a organización e se converta nun piar fundamental da cultura empresarial.

Nesta liña, aseverou que a Xunta continuará fomentando modelos de xestión responsables, con accións de acompañamento e asesoramento para o desenvolvemento de modelos de RSE especialmente para as pemes; axudando ás empresas para que publiquen informes de sustentabilidade; apostando pola formación e sensibilización específica en RSE para os traballadores; impulsando a innovación, a dixitalización e investimentos sustentables, así como as boas prácticas ambientais, como o aforro enerxético e a promoción da economía circular.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre