Inicio Galicia Feijóo anima aos máis novos a sumarse ao reto de consumir máis...

Feijóo anima aos máis novos a sumarse ao reto de consumir máis produtos do mar cos consellos de Vai de peixe

0

Subliña que na canle de instagram Vai de peixe, os rapaces poderán atopar tamén información e receitas, así como nas contas de redes dos prescriptores desta campaña como Percebe y Grelos, Coque Macho, Ana Peleteiro e Eva Iglesias


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe aos máis novos a sumarse ao reto de consumir máis produtos do mar cos consellos de Vai de peixe, unha campaña innovadora, áxil e fresca que pretende chegar á xente nova a través das canles que máis utilizan, como son as redes sociais.

Durante a presentación, Feijóo explicou que a Xunta non só trasladará esta mensaxe senón que tamén o farán Percebes y Grelos, Coque Macho, Ana Peleteiro e Eva Iglesias, persoas recoñecibles para a xente nova e que teñen influencia entre o público máis novo a través das comunidades que foron creando nas redes sociais.“Grazas a eles transmitiremos, con maior éxito, que incluír produtos do mar na dieta non só é saudable, senón tamén saboroso e sinxelo”, dixo, subliñando que para iso farase fincapé en desterrar todos os falsos mitos que hai en torno á preparación do peixe: informando sobre as especies de tempada, para contradicir aos que din que comer peixe é máis caro; achegando receitas sinxelas, para aqueles que prefiren non preparar peixe porque pensan que é máis complexo; e informando da variedade de especies e formatos –fresco, conxelado, en conserva-.

Todos os consellos atópanse na canle de instagram Vai de peixe, onde hai tamén información e receitas; nas contas de redes dos prescriptores desta campaña; e nos eventos que se irán desenvolvendo como os showcookings a bordo dun tráiler que visitará as zonas universitarias de Galicia.

Aínda que os máis novos están cada vez máis concienciados co que comen e co seu impacto no medio ambiente, o titular da Xunta incidiu en que esta iniciativa está dirixida aos millennials para contarlles que teñen no peixe ao seu gran aliado e unha aposta segura. “O que vimos presentar hoxe, vai de nutrición e vai de peixe. Os produtos do mar son fundamentais para unha dieta equilibrada e, en Galicia, temos sorte de contar con estes produtos en diversos formatos e de gran calidade”, afirmou.

Ao longo da súa intervención Feijóo recordou tamén a posta en marcha doutras iniciativas como O sabor da aventura está no mar e Ponlle pilas ao teu bocata, campañas desenvolvidas nos centros educativos e campamentos, para inculcar hábitos de consumo axeitados en idades temperás. Grazas a elas achegouse a máis de 100.000 nenos a importancia dunha alimentación baseada en produtos do mar, involucrando á comunidade educativa.

Se ben España está entre os maiores consumidores de produtos do mar do mundo, con Galicia como líder no ránking de consumo, Feijóo recordou que só a metade dos galegos consumen peixe dúas ou tres veces por semana e, na franxa de 18 a 20 anos, só o 40% consume peixe unha vez por semana, cando a recomendación dos expertos para unha alimentación sa e equilibrada aconséllase inxerir peixe de 3 a 4 veces por semana.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre