Inicio Galicia Feijóo anima a seguir impulsando un ecosistema de emprendemento baseado na innovación...

Feijóo anima a seguir impulsando un ecosistema de emprendemento baseado na innovación e na diferenciación

0

Refírese, a modo de exemplo, ao ecosistema de innovación que conforman as startups ou as aceleradoras de empresas, e destaca a inauguración da terceira convocatoria da Business Factory Auto

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe a seguir impulsando un ecosistema de emprendemento baseado na innovación e na diferenciación.

Durante a entrega dos Premios TheHop: Programa de emprendemento colaborativo Estrella Galicia S.

A., Feijóo referiuse, a modo de exemplo, ao ecosistema de innovación que conforman as startups ou as aceleradoras de empresas, e destacou a inauguración onte da terceira convocatoria da Business Factory Auto; unha aceleradora específica para o sector da automoción na que colabora ademais da Xunta, PSA, CEAGA ou a Zona Franca de Vigo.

Sobre este punto, o responsable do Executivo autonómico precisou que, desde que se puxo en marcha fai máis de dous anos, deu lugar á creación de 22 novas empresas, moitas das cales están xa cubrindo ocos na cadea de valor desta industria estratéxica en Galicia, cunha facturación de 10 millóns de euros e máis de 150 empregos creados.“E o mesmo ocorre en toda a nosa rede de aceleradoras”, dixo, subliñando que, nestes últimos cinco anos, apoiáronse a máis de 900 proxectos como os que hoxe foron premiados neste acto.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia crece 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

Ademais da Business Factory Auto, Feijóo recordou que a Xunta, desde a Axencia Galega de Innovación, colabora con outras impulsadas por entidades ou empresas como Telefónica, Vodafone, o Consorcio Zona Franca, Tecnópole ou a Fundación Kaertor y Janssen.

Feijóo concluíu destacando a traxectoria de Estrella Galicia, “unha empresa que representa –dixo- a esencia da gran empresa galega: familiar, coa súa cuarta xeración no Consello de Administración; centenaria; exportadora, presente en máis de 50 países; en continuo crecemento e innovadora”. 


- Te recomendamos -