Inicio Galicia ?FalaRedes? leva o domingo a Verín a actividade de dinamización lingüística 'Asubíos'

?FalaRedes? leva o domingo a Verín a actividade de dinamización lingüística 'Asubíos'

0

Pensada para familias con cativada a partir dos tres anos, está inspirada no universo literario de Mia Couto e no conto ‘O frautista de Hamelin’ recollido polos irmáns Grimm e xira arredor da necesidade de que a sociedade se implique no coidado do medio natural


A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva esta fin de semana a actividade de dinamización lingüística Asubíos no marco do programa FalaRedes ata o concello ourensán de Verín. A cita é o domingo 28, ás 18,00 horas, no Auditorio Municipal con entrada libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

Asubíos é a quinta actividade do FalaRedes 2018, unha peza teatral inspirada no universo literario do escritor Mia Couto e no conto O frautista de Hamelín recollido polos irmáns Grimm. Se no orixinal do mozambicano o asunto de fondo era a racismo, na reinterpretación que fai a compañía do Elefante Elegante o eixo temático muda e oriéntase ao medio natural e á necesidade de vivir en harmonía con el. A obra está especialmente indicada para familias con nenos e nenas de máis de tres anos de idade.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

Próximas paradas: Carballedo, Alfoz, Outeiro de Rei e GuitirizNa ponte da primeira fin de semana de novembro o FalaRedes multiplica as súas actividades e a actividade Asubíos poderase gozar en catro localidades diferentes. A primeira cita será o xoves, 1 de novembro, no salón de actos do Concello de Carballedo, ás 18:00 horas. O venres, día 2, a obra poderá verse en Alfoz, no Centro Sociocultural, ás 19:00 horas e coa colaboración da Mancomunidade da Mariña Lucense. O sábado, día 3, haberá dúas paradas: Outeiro de Rei, na Casa da Cultura, ás 12:00 horas; e Guitiriz, na Casa Habanera, ás 18:00 horas.

Desde o mes de abril e ata finais de ano, as actividades do FalaRedes están a percorrer os concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir na promoción do uso da lingua galega desde as administracións local e autonómica que conta con máis de 190 entidades adscritas. Nas seis edicións anteriores do programa foron preto de 900 as actividades programadas para públicos de todas as idades.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

Toda a información sobre esta edición dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/falaredes), nas redes sociais da RDL e na Axenda de Cultura de Galicia.  


- Te recomendamos -