Inicio Galicia Facenda e Administración Pública subliña que os Orzamentos de Galicia para 2021...

Facenda e Administración Pública subliña que os Orzamentos de Galicia para 2021 permitirán loitar contra os efectos da pandemia e reactivar e modernizar o tecido económico

0
image_gallery.jpg

O director xeral de Planificación e Orzamentos, Miguel Corgos compareceu na Comisión sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia


Os Orzamentos Xerais de Galicia para o vindeiro ano 2021 permitirán loitar contra a pandemia derivada do covid-19 e reactivar e modernizar o tecido económico da Comunidade para saír da crise o antes posible cunha estrutura económica máis competitiva, sostible e resistente.

Así o expuxo esta mañá no Parlamento o director xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, durante a súa comparecencia na Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise do covid-19.

Miguel Corgos explicou que as contas de Galicia para 2021 teñen como obxectivo seguir atendendo as necesidades sanitarias derivadas da pandemia; reactivar e impulsar a economía; e protexer ás familias, ás empresas e aos sectores afectados pola crise sanitaria.

Un plan de plansDurante a súa intervención, o director xeral subliñou a anticipación e a planificación coa que actuou a Xunta de Galicia desde o inicio da crise do coronavirus. Neste sentido, destacou a aprobación no mes de xuño do Plan de Reactivación e Dinamización económica para mobilizar 3.000 millóns de euros.

Un “plan de plans” que segundo sinalou pretende reordenar e mobilizar todos os recursos orzamentarios necesarios para acelerar as actuacións iniciadas xa no mes de marzo e redeseñar outras novas para reactivar o sector produtivo e impulsar a actividade. Trátase en definitiva, de garantir os recursos financeiros precisos para financiar as necesidades extraordinarias derivadas da pandemia e axudar ás familias e empresas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre