Inicio Galicia Fabiola García visita o centro de día de Leiro ao que a...

Fabiola García visita o centro de día de Leiro ao que a Xunta destinou un millón de euros para construír e equipar

0

Sinala que o financiamento deste centro é unha mostra do compromiso do Goberno galego cos maiores, que hoxe teñen ao seu alcance o triplo de prazas de atención diúrna que en 2009 e un 40% máis de prazas residenciais


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a calidade das instalacións e da atención da que desfrutan as persoas usuarias do centro de día de Leiro, ao que a Xunta de Galicia destinou un millón de euros para construír e equipar. Díxoo na visita a este centro municipal que abriu as súas portas hai practicamente ano e medio con 50 prazas para as familias das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.

Fabiola García sinalou que o financiamento deste recurso é unha mostra do compromiso do Goberno galego co benestar das persoas maiores, que na última década levou a multiplicar por tres o número de prazas públicas en centros de día, ata superar hoxe as 3300; e a incrementar en máis dun 40% as prazas residencias, situándose na actualidade por riba das 8000.

A conselleira garantiu que o Executivo autonómico seguirá a ter nos maiores e persoas dependentes un eixo prioritario das súas actuacións. De feito, o orzamento de 2020 para a atención destes dous sectores da poboación medra máis dun 5%, para chegar aos 450 millóns de euros.

O obxectivo desta subida é atender a máis persoas e darlles todas as alternativas posibles para contar coa mellor atención co fin de que teñan a liberdade de elixir como ser coidados, ben en residencias e centros de día ou ben nas súas casas cando así o demandan. Para aqueles que prefiren facerse maiores nas súas vivendas, a Xunta ofrece un amplo catálogo de programas e prestacións como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), Xantar na casa, o autobús de Coidados porta a porta, a Teleasistencia ou as Casas do maior.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre