Inicio Galicia Fabiola García visita a residencia de Panxón na que 130 persoas maiores...

Fabiola García visita a residencia de Panxón na que 130 persoas maiores participan no programa Xuntos polo Nadal

0

Esta iniciativa, que procura que os participantes pasen estas datas en compañía, acolle a 295 persoas maiores entre os centros de Nigrán, Carballiño e, por vez primeira, o espazo xuvenil Lug II

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou hoxe, aos usuarios do programa Xuntos polo Nadal na residencia de tempo libre de Panxón. Alí destacou que o obxectivo da Xunta de Galicia é evitar a soidade de todas as persoas maiores no Nadal para o que se incrementaron este ano en 35 as prazas desta iniciativa ata acadar as 295.

Fabiola García sinalou que durante 15 días, desde o luns 23 e ata o vindeiro 7 de xaneiro, as persoas que se benefician deste programa celebran estas datas en compañía. Na residencia de tempo libre de Panxón pasarán o Nadal máis dun centenar de maiores, ao igual que na de Carballiño e outro medio cento, por vez primeira, no centro de Lug II.

Cómpre lembrar que este programa está dirixido a persoas que superan os 60 anos e que viven soas nos seus domicilios. Na selección dos participantes dáse preferencia aos de máis idade, aos que non participasen en edicións anteriores e aos que teñan menos ingresos. De feito, aquelas persoas con ingresos inferiores ao Iprem (537 euros) asisten de forma gratuíta e aquelas que estean por riba desta contía abonan o prezo simbólico de 50 euros, que ademais da estadía e manutención inclúe a viaxe desde as súas lugares de orixe á residencia e tamén o regreso unha vez finalizada a estancia.

Así mesmo, a conselleira salientou que o Goberno galego seguirá atendendo e coidando cada día máis das persoas maiores. Neste sentido, asegurou que a Xunta traballa na elaboración dun novo plan contra a soidade non desexada que permita achegarlles programas de atención a estas persoas como o Servizo de Asistencia no Fogar, o programa Xantar na casa ou o autobús de coidados porta a porta.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre