Inicio Galicia Fabiola García supervisa as obras de remodelación da antiga Cámara Agraria de...

Fabiola García supervisa as obras de remodelación da antiga Cámara Agraria de Moraña para convertela en centro social

0

Invístense 200.000 euros na reforma integral deste vello inmoble en desuso


A Conselleira de Política Social, Fabiola García, vén de supervisar as obras que se están a realizar na antiga Cámara Agraria de Alende, na parroquia de Santa Xusta, para crear un centro social e unha unidade pública de atención a persoas con Alzhéimer. Fíxoo en compañía da alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro.

A Consellería inviste 200.000 euros nestes traballos, que son froito do convenio de colaboración asinado co Concello. Este novo centro acollerá o desenvolvemento de iniciativas sociais e da terceira idade, como eventos de envellecemento activo, encontros interxeracionais con participación da mocidade, accións de promoción da autonomía persoal ou actividades de prevención da dependencia, entre outras. Ademais, tamén servirá para usos veciñais e reunións da zona.

O edificio, que mantén unha estrutura en pedra do país e conta con 217 metros cadrados de planta, estase a restaurar de xeito integral ao tempo que se habilitan distintas estancias no seu interior a través dunha intervención que respecta a fisionomía do inmoble. Así, dotarase dun amplo vestíbulo de acceso, almacén, despacho, dous aseos e unha sala xeral cunha superficie de 130 metros cadrados, todo elo sostido por grandes vigas de madeira de abeto.

Atención terapéuticaAdemais, tal e como se explicou na xuntanza realizada coa veciñanza o ano pasado para dar a coñecer o proxecto, este centro social acollerá unha unidade pública de atención ao Alzhéimer. A Administración autonómica destinará máis de 22.000 euros a poñer en marcha este servizo terapéutico que estará dotado de dez prazas. Deste xeito, dáse resposta a unha das principais peticións realizadas pola alcaldesa á conselleira.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre