Inicio Galicia Fabiola García subliña que a Xunta leva investidos xa 50 millóns de...

Fabiola García subliña que a Xunta leva investidos xa 50 millóns de euros na Tarxeta Benvida desde a súa creación

0

Desde o ano 2016, concedéronse máis de 45.000 destas axudas ás familias galegas con fillos pequenos

A conselleira de Política Social, Fabiola García, informou esta tarde, en resposta a unha pregunta no Pleno do Parlamento de Galicia, de que a Xunta leva investidos xa 50 millóns de euros na Tarxeta Benvida desde a súa implantación no ano 2016. Nestes máis de tres anos, concedéronse 45.000 Tarxetas Benvida para axudar a afrontar os gastos que supón un nacemento para as familias galegas.

Esta prestación responde ao obxectivo de darlles ás familias que deciden ter unha filla ou fillo todos os recursos que precisan. Neste caso unha axuda directa de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida do bebé para a compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, berces e produtos de hixiene ou farmacéuticos. Ademais, desde o ano 2017, a axuda estendeuse ata o terceiro ano de vida da nena ou neno para aquelas familias cunha renda igual ou inferior aos 22.000 euros, por un importe de 600 euros para o primeiro fillo, 1.200 para o segundo e 2.400 para o terceiro.

Cada ano vaise mellorando a Tarxeta Benvida, e así en 2018 abriuse a posibilidade de que as galegas e galegos residentes no exterior que retornen a Galicia poidan optar á axuda. Por último, a partir deste 2019 pódese presentar xa a solicitude da Tarxeta Benvida desde o embarazo, sen ter que esperar ao nacemento do bebé.

Outras medidas para a conciliaciónFabiola García subliñou que nunca antes na historia de Galicia houbo tantas facilidades coma hoxe para as persoas que deciden ser nais ou pais, pois teñen á súa disposición, entre outros recursos de atención á infancia e conciliación, 25.000 prazas públicas en escolas infantís, o dobre das que existían en 2009; e 61 casas niño, cando dez anos atrás non había ningunha. Así mesmo, indicou que son xa 500 as familias galegas ás que se lles concedeu o Bono coidado, axuda para contratar de xeito puntual a unha persoa coidadora ante imprevistos, como que a pequena ou pequeno se poña enfermo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre