Inicio Galicia Fabiola García subliña o compromiso da Xunta de Galicia por dar apoio...

Fabiola García subliña o compromiso da Xunta de Galicia por dar apoio sociosanitario ás persoas que padecen enfermidades raras

0

Destínanse 23.000 euros anuais a colaborar no desenvolvemento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida destas persoas

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta tarde o compromiso da Xunta de Galicia por prestar un apoio sociosanitario ás persoas que teñen unha enfermidade rara. Díxoo no acto de presentación da nova campaña de Nadal que pon en marcha a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) co obxectivo de recadar fondos para o seu programa de atención sociosanitario.

Fabiola García asegurou que a sociedade galega seguirá demostrando o seu compromiso coas persoas que sofren destas doenzas e coas súas familias, sexa cal sexa o seu número. A Consellería de Política Social asina anualmente un convenio con Fegerec por valor de 23.000 euros para o financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida destas persoas e para o mantemento da propia federación. Un acordo que a conselleira amosou interese en ampliar.

A nova campaña de Fegerec consiste na comercialización dos chamados bastóns máxicos, doce de caramelo sen glute nin lactosa de cor vermello e branco. Colexios profesionais farmacéuticos, centros de Vegalsa Eroski, e empresas e comerciantes apoian esta campaña coa posta á venda destes bastóns ao prezo dun euro durante o período de nadal.

Fabiola García enxalzou o traballo que desenvolven as entidades que forman Fegerec e apuntou que con esta proposta se amosa o verdadeiro significado desta época do ano e ponse énfase na importancia da empatía e a solidariedade. Tamén destacou que con cada bastón máxico que se adquira contribúese ao desenvolvemento de servizos que melloran a calidade de vida de moitas galegas e galegos. A través do programa de atención sociosanitario de Fegerec ofrécense servizos de psicoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia ou rehabilitación neuropsicolóxica, entre outros. Este programa recibiu o ano pasado unha axuda autonómica de 7000 euros a través do 0,7% do IRPF. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre