Inicio Galicia Fabiola García solicita o aval do Consello Económico e Social para garantir...

Fabiola García solicita o aval do Consello Económico e Social para garantir que a Lei de impulso demográfico poida cumprir os seus obxectivos

0

Búscase un amplo apoio social para facer fronte a un desafío para que esixe altura de miras, visión a longo prazo e consenso

A conselleira de Política Social, Fabiola García, pediu esta tarde o aval do Consello Económico e Social (CES) de Galicia para garantir que a Lei de impulso demográfico poida cumprir os seus obxectivos. A conselleira expuxo a filosofía e as liñas básicas desta nova norma ante o Pleno deste foro permanente de diálogo do que forman parte as organizacións empresariais, sindicais, cidadáns, culturais e sociais máis representativas da Comunidade Autónoma.

Fabiola García indicou que o obxectivo é conseguir que o texto normativo conte co apoio dunha ampla base social, xa que para afrontar a situación “é necesaria altura de miras, visión de longo prazo e, sobre todo, unha clara e inequívoca vocación de consenso”. Ao respecto, engadiu que a Lei de impulso demográfico “non está deseñada pensando na próxima lexislatura, senón nas próximas xeracións”.

Con este obxectivo, o Goberno galego tivo en conta máis do 80% das 336 alegacións que recibiu o primeiro borrador da Lei, someteuse ao Observatorio galego de dinamización demográfica e agora exponse aos membros do CES de Galicia. A conselleira de Política Social apuntou que durante este proceso “a Lei deixa de ser da Xunta para pasar a ser de todos”. Neste sentido, a conselleira agradeceu a vocación construtiva e dialogante das organizacións representadas no CES.

Unha vez que o Consello da Xunta lle dea o seu visto e prace definitivo, a Lei será debatida no Parlamento de Galicia en cuestión de semanas para que poida estar aprobada no primeiro semestre do ano que vén. Fabiola García amosou a confianza en que os grupos políticos manteñan a vocación de consenso que demostraron no Observatorio galego de dinamización demográfica e que o texto poida ser aprobado por unanimidade no Parlamento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre