Inicio Galicia Fabiola García sitúa Galeuropa como o programa de referencia para a xuventude...

Fabiola García sitúa Galeuropa como o programa de referencia para a xuventude galega porque promove a inserción laboral

0

Animou aos participantes da iniciativa a converterse en embaixadores para servir como guía a aqueles que comezan nesta experiencia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, situou hoxe Galeuropa como “o programa de referencia para a xuventude” porque promove na inserción laboral. Fíxoo no encontro que se celebrou na Cidade da Cultura e que reuniu aos participantes desta iniciativa o ano pasado.

Fabiola García destacou que Galeuropa permite ás mozas e mozos galegos continuar coa súa formación e coa aprendizaxe non só no ámbito laboral, senón tamén no persoal. Explicou que se trata dunha experiencia que achega aos participantes a unha cultura diferente e, polo tanto, a novas perspectivas que lle serán útiles no día de mañá.

Así mesmo, a conselleira asegurou que a Xunta de Galicia continuará apostando por iniciativas que axuden á xuventude galega a amosar o seu potencial. Porén, esta aposta non estará completa “se os resultados dese forte investimento non reverten na nosa comunidade”.

Fabiola García recordou que este programa, ademais de ser de referencia para a xuventude, tamén o é para as empresas. Ao respecto apuntou que “ter no voso currículo esta experiencia sempre será un punto a favor na busca de emprego”.

Por último, animou aos participantes de Galeuropa a converterse en embaixadores da iniciativa co fin de apoiar na adaptación dos novos usuarios do programa. Desta maneira, estes embaixadores servirán de guías e poderán resolver dúbidas aos novos participantes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre