Inicio Galicia Fabiola García salienta o firme compromiso da Xunta a prol da conciliación...

Fabiola García salienta o firme compromiso da Xunta a prol da conciliación das familias con persoas maiores

0

As instalacións, de xestión municipal, contan con 25 prazas e abriron as súas portas a finais do pasado ano grazas á estreita colaboración entre diferentes Administracións

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá o Centro de Día da Ribeira, no concello de Quiroga. Durante o acto, a titular do departamento do Goberno galego salientou o firme compromiso que a Xunta mantén coas persoas maiores e coas súas familias, que constitúen unha das súas prioridades en materia servizos sociais.

Fabiola García, quen agradeceu ao Concello de Quiroga a súa iniciativa para dotar á comarca dunhas instalacións modernas e equipadas, lembrou que “a conciliación familiar é un obxectivo que deben compartir todas as Administracións públicas e a propia sociedade”, para o que é necesario un clima de estreita colaboración como o que fixo posible a construción destas instalacións.

Preto de 300 persoas atendidasO centro de Día da Ribeira, de xestión municipal, foi financiado pola Consellería de Política Social, que achegou 150.000 euros; o Concello de Quiroga, que puxo outros 150.000 euros; e a Deputación de Lugo, que colaborou con 100.000 euros. As instalacións contan cun total de 25 prazas para usuarios, que se suman ás 88 de que dispón a residencia de maiores de titularidade autonómica situada no casco urbano do municipio e ás case 170 persoas beneficiarias doutras axudas da Xunta de Galicia relacionadas coa dependencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre