Inicio Galicia Fabiola García salienta a importancia da Rede Galega de Atención Temperá para...

Fabiola García salienta a importancia da Rede Galega de Atención Temperá para atallar trastornos de desenvolvemento na infancia

0

Nestes centros facilítaselles a nenas e nenos de 0 a 6 anos ferramentas para que gañen en autonomía e gocen dunha mellor calidade de vida cando sexan maiores


A conselleira de Política Social, Fabiola García, puxo en valor esta tarde a rede galega de atención temperá para atallar os trastornos de desenvolvemento que poidan xurdir nos primeiros anos da infancia. Fíxoo durante unha visita á unidade da Pobra do Caramiñal, situada no Centro de Atención Integral á Discapacidade, que atende a máis dun centenar de nenas e nenos deste concello, e tamén de Ribeira e Boiro.

Fabiola García comprobou a adaptación do centro á nova situación derivada da covid-19 e coñeceu as novas necesidades xurdidas tras a emerxencia sanitaria. Na unidade de atención temperá da Pobra do Caramiñal facilítaselles a nenas e nenos de 0 a 6 ferramentas para que gañen en autonomía e gocen dunha mellor calidade de vida cando sexan maiores.

A Xunta, en colaboración cos Concellos e a Asociación Galega de Atención Temperá (Agat), está a estender este modelo de atención á infancia baseado na prevención por toda a Comunidade Autónoma, co fin de que sexa accesible para as familias vivan onde vivan.

Na actualidade, a Consellería de Política Social financia o funcionamento de 31 unidades de atención temperá que prestan os seus servizos en 129 municipios. Nestes centros os menores reciben unha atención individualizada por parte de profesionais dos campos da logopedia, psicoloxía ou pedagoxía, entre outros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre