Inicio Galicia Fabiola García salienta a experiencia enriquecedora e as facilidades de conciliación que...

Fabiola García salienta a experiencia enriquecedora e as facilidades de conciliación que supoñen os campamentos de verán da Xunta

0

Máis de 600 rapaces e rapazas pasarán en diferentes quendas polas instalacións de Pontemaril durante esta tempada estival


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou este mediodía a experiencia enriquecedora que constitúen as accións organizadas pola Xunta de Galicia dentro da Campaña de Verán 2019. Díxoo durante unha visita ás mozas e mozos que desde o pasado día 5 e ata o vindeiro domingo desfrutan do campamento de aventura na natureza que ten lugar no albergue xuvenil de Pontemaril.

Fabiola García sinalou que campamentos como este marcaron o verán de moitos nenas e nenos que hoxe son persoas adultas e seguen a recordar a experiencia con ilusión. Ademais da posibilidade de desfrutar das vacacións facendo amizades e practicando actividades ao aire libre en contacto coa natureza, indicou que a Campaña de Verán supón para moitos pais e nais a oportunidade de conciliar a vida laboral e familiar nesta época estival.

Polo campamento de Pontemaril pasarán máis de 600 rapazas e rapaces nas diferentes quendas de xullo, agosto e setembro. Na actual, hai 140 nenas e nenos de 11 a 12 anos de idade que participan en actividades de kaiak polo, piragua, sendeirismo, kin ball, tirolesa ou orientación, entre outras. A programación tamén inclúe unha parte máis formativa, xa que se realizan obradoiros na que as nenas e nenos adquiren coñecementos relacionados co medio ambiente e unha maior concienciación sobre a importancia de conservar a nosa contorna natural.10.000 prazas en toda GaliciaA Campaña de Verán 2019, baixo a lenda O verán que queres vivir achega á mocidade 10.000 prazas. A proposta de actividades para esta tempada estival inclúe campamentos, programas de intercambios con outras comunidades autónomas, actividades concertadas, actividades para maiores de 18 anos e campos de voluntariado.

Nestas actividades participan mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. Todos os campamentos están abertos a persoas con discapacidade, e ademais este colectivo ten unha convocatoria específica para persoas de entre 11 e 40 anos. Así mesmo, hai 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección da Xunta e outras 52 para fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Esta campaña de verán incorpora tres novos campamentos dos 21 que ofrece: Aldea Perdida na Granxa Zoo de Grixalba, en Sobrado dos Monxes; outro sobre astronomía no albergue de San Xoán de Río, en Ourense; e un novo campamento tecnolóxico nas instalacións xuvenís de Gandarío titulado Adestrando o meu robot.

Campos de voluntariadoEste ano tamén se incrementa o número de campos de voluntariado, os que se coñecían como campos de traballo, ata os 30 e con cinco propostas novas: A terra que habita no mar, no concello do Grove; outro de protección e recuperación das dunas de Corrubedo, en Ribeira; un terceiro de temática ambiental en Manzaneda; un campo en Ourense denominado Riós, una mar de castiñeiros; e por último, o primeiro campo de voluntariado intermunicipal que leva por nome Vía Xacobea: vía da prata e que se celebrará en Boqueixón e Vedra.

Desta maneira, os campos de voluntariado en Galicia que pon en marcha a Xunta para este verán conteñen 643 prazas, 40 máis das que había á disposición da mocidade no 2018.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre