Inicio Galicia Fabiola García salienta a experiencia das persoas centenarias galegas como ?un dos...

Fabiola García salienta a experiencia das persoas centenarias galegas como ?un dos activos máis importantes da nosa comunidade?

0

Ratifica o compromiso da Xunta co seu coidado e benestar, aos que destina 6 de cada 10 euros do orzamento de Política Social


A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou a experiencia das galegas e galegos de máis de cen anos como un dos activos máis importantes da nosa comunidade. Fíxoo durante a súa intervención na presentación en Ferrol do libro CENx100 da ASCM, que fai un sentido homenaxe ás persoas centenarias de Galicia, algunhas das cales estiveron presentes no acto.

Fabiola García recordou que o traballo e o esforzo que os nosos maiores teñen realizado non debe ser esquecido, senón posto en valor. Por esta razón, destacou a finalidade desta publicación, que non é outra que a de achegar ao conxunto da sociedade as experiencias de vida dos seus protagonistas.

Neste sentido, a conselleira recordou que o libro serve tamén para coñecer de primeira man as melloras no coidado e benestar das persoas de máis idade na comunidade. Un avance que plasma o compromiso do Goberno galego con este colectivo, ao que o departamento autonómico de Política Social destina 6 de cada 10 euros que xestiona.

Leer más:  El incendio de A Fonsagrada (Lugo), que ha afectado a 65 hectáreas, ha sido controlado

Fabiola García reiterou o obxectivo de conseguir que Galicia sexa o mellor lugar non só para ser maior, senón tamén para facerse maior. E para acadalo, salientou a mellora da calidade dos servizos que precisan, reflexada no incremento das prazas de residencia, un 40% máis que hai nove anos ou no aumento da oferta de centros de día, o triplo con respecto o 2009.

Así mesmo, resaltou a posta en marcha de recursos innovadores nas contornas onde viven como as Casas do Maior, así como o impulso dun envellecemento activo e saudable con medidas como os plans de benestar en talasos e balnearios ou o programa Lecer Activo.

Recoñecemento ao exconselleiroFabiola García tivo palabras de recoñecemento para o seu predecesor no cargo, José Manuel Rey, de quen salientou o seu compromiso, traballo e esforzo na etapa que estivo ao fronte da Consellería de Política Social. Nesta liña, apuntou que continuará a avanzar pola senda que marcou o exconselleiro co propósito de acadar cada día unha Galicia mellor para os nosos pais e avós.

Leer más:  Abren una cuenta para apoyar a la familia del empleado fallecido en un accidente laboral en A Mariña

Por último, agradeceu a ASCM a súa implicación e labor diario con aqueles que máis o precisan, polo que manifestoulle o apoio do Goberno galego no seu traballo conxunto por unha Galicia máis acolledora para os nosos maiores. 


- Te recomendamos -