Inicio Galicia Fabiola García resalta a mellora dos servizos de proximidade en Vilalba co...

Fabiola García resalta a mellora dos servizos de proximidade en Vilalba co incremento do equipo de traballadores sociais

0

Tamén se aumentou nun 14% as horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para facilitar que os maiores dependentes reciban atención nos seus propios domicilios


A conselleira de Política Social, Fabiola García, avogou hoxe por avanzar no reforzo dos servizos de proximidade en Vilalba. Este concello xa se beneficiou nesta lexislatura do incremento do Plan Concertado, o que permitiu ampliar a catro o seu equipo de traballadores sociais. A conselleira e o alcalde deste municipio lucense, Agustín Baamonde, mantiveron esta mañá un encontro que serviu para repasar os servizos e programas que ten en funcionamento este departamento autonómico na localidade.

Durante a entrevista, a conselleira destacou o incremento en máis dun 14% das horas de axuda a domicilio postas á disposición do ente municipal no último ano, o que supón 18.700 horas máis ao ano. Con esta medida a Xunta segue en Vilalba a mesma liña de traballo que no resto dos concellos, consistente en facilitar ás persoas maiores a atención que precisan onde residen e así responder a unha prioridade que é maioritaria entre os galegos e galegas de máis idade.

Leer más:  Yolanda Díaz cree que las elecciones catalanas deben servir para "pasar página y caminar de forma diferente"

Ao respecto, Fabiola García apuntou que Galicia seguirá á vangarda nos coidados a dependentes que deciden permanecer nas súas vivendas. De feito, entre este ano e o que vén ampliarase o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en 1,5 millóns de horas, o que permitirá incorporar uns 3000 novos usuarios a unha prestación que a día de hoxe xa beneficia en toda a comunidade a máis de 22.600 persoas.

Ademais, resaltou que a atención aos maiores e ás persoas con distintas capacidades son dous dos piares dos novos orzamentos de 2019, pois a eles se destinan seis de cada dez euros que xestiona Política Social. Neste sentido, lembrou que no presente exercicio a Consellería inviste 525.000 euros en ofertar ás familias vilalbesas 54 prazas de carácter residencial e ocupacional.

A conselleira e o alcalde tamén abordaron na xuntanza outros recursos que están en marcha esta localidade, como o programa ‘Xantar na casa’, que permite a aquelas persoas que non poden cociñar ter un menú preparado todos os días nos seus domicilios, ou a escola infantil da Galiña Azul, que no actual curso presta un servizo de atención á infancia e de conciliación ás familias de 70 nenos e nenas. 

Leer más:  Díaz muestra preocupación por el proyecto de Altri, que ve "complejo" porque "pone en riesgo un desarrollo sostenible"

- Te recomendamos -