Inicio Galicia Fabiola García reitera o seu compromiso coa formación e a mellora da...

Fabiola García reitera o seu compromiso coa formación e a mellora da empregabilidade da comunidade xitana

0

A Xunta colabora con esta entidade a través dos programas Acceder e Promociona


A conselleira de Política Social, Fabiola García, reiterou hoxe o apoio do seu departamento autonómico ás accións de inclusión social dirixidas á poboación xitana que reside en Galicia. Ao respecto, e logo de reunirse co director xeral da Fundación Secretariado Gitano, Isidro Rodríguez, a conselleira apuntou que traballar nos ámbitos educativo e no da formación para mellora da empregabilidade son fundamentais para seguir a avanzar na integración deste colectivo.

Nesta liña, Fabiola García lembrou que a principios do pasado mes de outubro a Xunta renovaba os convenios de colaboración con esta entidade, coa que a Administración autonómica ten en marcha os programas Promociona e Acceder. O primeiro ten como obxecto prestar apoio ás familias e aos nenos en idade escolar para favorecer a permanencia nas aulas e promover a continuidade en estudos medios, superiores e de formación profesional. Pola súa banda, a iniciativa Acceder está dirixida a mellorar a cualificación profesional da poboación xitana en idade laboral.

A Fundación Secretariado Gitano leva a cabo desde 2001 programas e accións que buscan fomentar a participación social e a incorporación laboral da comunidade xitana en Galicia, así como apoiar iniciativas que teñen como finalidade a mellora das condicións de vida destas persoas. A través do programa Acceder, en 2017 acadaron un emprego 161 persoas e 410 melloraron a súa cualificación profesional. Así mesmo, no curso 2016/2017 máis de 100 alumnos de 50 centros educativos se beneficiaron das accións da proposta Promociona.

Leer más:  La intención de gasto de los gallegos en Semana Santa es de 346 euros, un 33% menos que el año pasado, según Cetelem

- Te recomendamos -