Inicio Galicia Fabiola García reitera o compromiso da Xunta coa igualdade de oportunidades das...

Fabiola García reitera o compromiso da Xunta coa igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade intelectual

0

O novo orzamento autonómico para 2019 eleva ata os 106 millóns de euros o investimento destinado á atención de persoas con capacidades diferentes

A conselleira de Política Social, Fabiola García, reiterou esta tarde o compromiso da Xunta de continuar adiante co labor en favor da integración real e da igualdade de oportunidades das persoas con distintas capacidades. Fíxoo no encontro que mantivo co presidente da Federación de Asociacións en Favor de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Fademga Plena Inclusión), Eladio Fernández.

Durante a reunión, a conselleira subliñou o reforzo económico dos convenios de colaboración coas entidades que centran a súa actividade no ámbito da discapacidade, así como o incremento nos novos orzamentos para o vindeiro ano 2019 do investimento destinado a apoiar a este colectivo ata acadar os 106 millóns de euros. Deste xeito, o Goberno galego continuará a desenvolver o seu traballo neste campo en coordinación e colaboración co tecido asociativo, facilitándolle os recursos que precisa para que poidan prestar un mellor servizo.

Por último, Fabiola García fixo fincapé no feito de que a Xunta teña en marcha a que será a segunda convocatoria de oferta pública de emprego dirixida de maneira específica a persoas con discapacidade intelectual e que está dotada de 24 prazas.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre