Inicio Galicia Fabiola García recoñece o esforzo e comprensión das nenas e nenos e...

Fabiola García recoñece o esforzo e comprensión das nenas e nenos e dos profesionais dos centros de menores durante a emerxencia sanitaria

0

O Goberno galego mantivo un contacto constante cos responsables destes centros, achegou material tecnolóxico para os menores, reforzou o persoal e realizou probas diagnósticas nos casos que foi necesario


A conselleira de Política Social, Fabiola García, recoñeceu o esforzo e comprensión das nenas e nenos e dos profesionais dos centros de menores de Galicia ante a emerxencia sanitaria. Fíxoo durante unha reunión por videoconferencia coas direccións destas instalacións xestionadas pola Xunta, na que tamén quixo coñecer a realidade e inquedanzas dos seus traballadores.

Fabiola García resaltou que, aínda que a comunicación con estes centros foi continua e intensa desde o inicio da pandemia, esta reunión serviu para interesarse por como están a xestionar estes centros o desconfinamento infantil iniciado onte, solicitado inicialmente pola Xunta de Galicia, e que supuxo un alivio para as mozas e mozos. Neste sentido, quixo saber cales son as inquedanzas e impresións sobre este novo período que se abre, para actuar dentro da competencia da Administración autonómica.

As direccións destes centros agradeceron que o Goberno galego cubrise as necesidades que foron presentando, como por exemplo reforzo de persoal, equipamento tecnolóxico e probas diagnósticas nos casos nos que foi necesario.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre