Inicio Galicia Fabiola García reclama ao Goberno central que cumpra co seu compromiso de...

Fabiola García reclama ao Goberno central que cumpra co seu compromiso de poñer en marcha a área residencial do Cegadi

0

O protocolo asinado o pasado mes de abril contempla ademais a apertura dunha delegación do centro de referencia estatal de autonomía persoal e axudas técnicas (Ceapat)


Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2018.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, instou esta tarde ao Goberno central a que cumpra co seu compromiso e poña en marcha a área residencial do Centro galego de desenvolvemento integral para persoas con discapacidade (Cegadi). Fíxoo na firma dun convenio coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) que permitirá a entrada en funcionamento da zona de rehabilitación deste equipamento.

Na súa intervención, Fabiola García insistiu na necesidade de que o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social leve a cabo as medidas contempladas no protocolo asinado coa Xunta o pasado mes de abril. Neste acordo, o Ministerio asume a posta en servizo da parte residencial do Cegadi e a apertura no mesmo dunha delegación do Centro de referencia estatal de autonomía persoal e axudas técnicas (Ceapat). Así mesmo, lembrou que os Orzamentos Xerais do Estado de 2018 recollen unha transferencia de 500.0000 euros para o Cegadi que a día de hoxe aínda non foi aboada.

Leer más:  El PSdeG, con Besteiro ya proclamado secretario xeral, mueve su congreso del sábado 27 al domingo 28 de abril

No que atinxe ao convenio subscrito hoxe con Cogami, este suporá a entrada en funcionamento de novos servizos no Cegadi, como unidades terapéuticas, de fisioterapia e rehabilitación, de terapia ocupacional, de psicomotricidade, de logopedia e de estimulación sensorial. Este abano de novas prestacións forman parte dun proxecto innovador co que a Xunta e a devandita entidade apostan por un plan integral de actuación desde idades temperás.

A vixencia do acordo é por catro anos, ata 2022 e o orzamento ascende a 2,6 millóns de euros. Desta cantidade, a Consellería de Política Social achegará 1,7 millóns de euros e o resto correrá a cargo de Cogami. 


- Te recomendamos -