Inicio Galicia Fabiola García recalca que os maiores son ?o principal activo de Galicia?...

Fabiola García recalca que os maiores son ?o principal activo de Galicia? na celebración do 40 aniversario de Aulas Sénior

0

A conselleira de Política Social, Fabiola García, cualificou hoxe ás persoas maiores como “o principal activo de Galicia” durante a conmemoración do 40 aniversario de Aulas Sénior de Galicia-Ategal, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos. Nesta liña, a conselleira destacou que os galegos e galegas de máis idade son “a memoria, a experiencia, a sabedoría e a dignidade desta terra”, polo que garantiu o compromiso da Xunta de continuar co traballo para devolverlles todo o que fixeron pola comunidade.

Durante a intervención, Fabiola García enxalzou a traxectoria de Aulas Senior de Galicia –Ategal, ao tempo que confirmou a continuidade da colaboración coa programación de cursos e actividades da mesma, que este ano xa se incrementou nun 5%. Na actualidade, a entidade conta con máis de 1500 socios e ten en funcionamento nove delegacións na Coruña, Ferrol, Monterroso, Lugo, Ourense, Padrón, Santiago, Vigo e Vilalba.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre