Inicio Galicia Fabiola García pon en valor a colaboración entre Xunta e concellos para...

Fabiola García pon en valor a colaboración entre Xunta e concellos para mellorar a calidade de vida das galegas e galegos

0

Aprobouse un orzamento para este ano de 83 millóns de euros


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe a importancia da colaboración entre administracións para achegar os mellores servizos á veciñanza. Fíxoo durante a Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na que participaron alcaldes e representantes municipais e na que se aprobou o presuposto para este 2019, que ascende a 83 millóns de euros.

Durante a intervención, Fabiola García sinalou que a coordinación entre Xunta e concellos ten permitido un marco de viabilidade e estabilidade no financiamento dos servizos do Consorcio, mellorar a rede de escolas infantís, incrementar o número de centros de día e de residencias para as persoas maiores e consolidar o programa Xantar na casa.

Tamén avogou por continuar adiante con este traballo conxunto para ser cada vez máis eficaces á hora de achegar recursos e prestacións que son fundamentais para o benestar das persoas maiores, a conciliación das familias e a atención á primeira infancia, con independencia do lugar onde vivan ou as necesidades que teñan.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre