Inicio Galicia Fabiola García pide transparencia ao Goberno central e solicítalle que informe do...

Fabiola García pide transparencia ao Goberno central e solicítalle que informe do impacto da covid-19 nas residencias de todas as comunidades

0
image_gallery.jpg

Lembra que a Xunta dá conta desde o inicio da pandemia da situación nos centros


A conselleira de Política Social, Fabiola García, pediu de novo hoxe ao Goberno central que faga públicos os datos dos que dispón sobre o impacto da covid-19 nos centros residenciais de maiores e persoas con discapacidade, ao igual que a Xunta está a facer desde o inicio da pandemia. Fíxoo nunha resposta oral no Parlamento de Galicia na que subliñou a transparencia coa que está a actuar o Executivo autonómico.

Neste sentido, Fabiola García lembrou que as galegas e galegos contan cunha imaxe fiel da situación nas residencias, cunha información detallada de cada centro que é actualizada diariamente. Pola contra, lamentou que se leve seis meses agardando a que a Administración central faga o mesmo e dea conta dos datos que lle proporcionan as comunidades.

Ademais, insistiu na súa comparecencia en que as residencias de maiores non son espazos illados sen contacto co exterior, polo que o risco de cero de contaxios non existe. Nesta liña, defendeu o traballo que están a realizar os profesionais destas instalacións e destacou que os protocolos facilitados pola Xunta permiten que o 99% destes centros en Galicia están libres de coronavirus.

ActuaciónsA conselleira de Política Social defendeu as actuacións do Goberno galego fronte á covid-19, xa que todos os centros contan con protocolos marco adaptados, están tutelados de maneira permanente polas autoridades sanitarias e cando a súa calidade asistencial está comprometida intervéñense, como é o caso das residencias do Incio e Outeiro de Rei, así como do Fogar Residencial El Pinar (Culleredo).

Por último, Fabiola García lembrou que xa se está a traballar nun modelo de residencias no que tamén participan as autoridades sanitarias e o sector residencial, e para o que pediu o apoio de todos os grupos parlamentarios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre