Inicio Galicia Fabiola García participa na visita da Raíña Dona Sofía á Fundación Provincial...

Fabiola García participa na visita da Raíña Dona Sofía á Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo

0


A conselleira de Política Social, Fabiola Garcia, participou hoxe en Vigo na visita que a Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía realizou á Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo. Dona Sofía percorreu as instalacións do almacén e saudou ao voluntariado co que conta a devandita fundación.

A Raíña Dona Sofía é presidenta da Fundación que leva o seu nome e que ten entre as súas liñas de actuación o apoio a proxectos sociais e humanitarios. O Banco de Alimentos de Vigo leva desde 1995 coa súa tarefa de garantir o sustento básico das persoas e familias que máis o precisan. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre