Inicio Galicia Fabiola García inaugura o centro sociocomunitario de Mañón, financiado pola Xunta con...

Fabiola García inaugura o centro sociocomunitario de Mañón, financiado pola Xunta con 300.000 euros

0

As veciñas e veciños poderán compartir experiencias e actividades na súa sala de usos múltiples e no seu auditorio con 70 prazas


A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe o centro sociocomunitario de Mañón, cuxa posta en marcha foi apoiada polo Goberno galego con 300.000 euros. Alí sinalou que este lugar representará un punto de encontro entre as veciñas e veciños do Concello no que compartir experiencias e tamén moitas actividades.

En concreto, a conselleira detallou que estas instalacións contan cunha sala de usos múltiples e cun auditorio de 70 prazas. Pola súa banda, a Xunta conta cunha rede propia de centros sociocomunitarios distribuídos por toda a Comunidade. Unhas instalacións que se converten para os usuarios en auténticos espazos de convivencia.

Fabiola García destacou que o obxectivo do Goberno galego é garantir que todas as persoas maiores poidan vivir esta etapa das súas vidas da mellor forma posible. Por este motivo, de cara ao 2020 seis de cada dez euros xestionados pola Consellería de Política Social irán destinados á atención á dependencia. Isto son 450 millóns de euros, un 5% máis que no actual exercicio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre