Inicio Galicia Fabiola García gaba o espírito solidario da sociedade galega coas familias que...

Fabiola García gaba o espírito solidario da sociedade galega coas familias que o necesitan durante todo o ano

0

Fixo entrega dunha das catro “varitas mágicas” que outorgan aos galardoados deste ano

A conselleira de Política Social, Fabiola García, gabou o espírito solidario da sociedade galega coas familias que o necesitan durante todo o ano. Fíxoo durante a súa intervención na Gala de Nadal solidaria organizada pola Fundación Andrea no Pazo de San Lorenzo.

Fabiola García agradeceu a esta entidade e a todas as persoas que colaboran con ela por levar a alegría do Nadal a moitos fogares nos que hai unha nena ou neno cunha enfermidade de longa duración. Neste sentido, destacou algúns dos proxectos que a Fundación Andrea leva a cabo, como a terapia familiar e o apoio psicolóxico individual, a dulcificación dos espazos pediátricos ou as casas que poñen á disposición das familias cunha filla ou fillo hospitalizado.

Así mesmo, a conselleira de Política Social subliñou que esta entidade poderá seguir contando coa Xunta de Galicia para todas as iniciativas solidarias que emprenda. Pois apuntou que “o que fai realmente próspera e rica a unha sociedade non é o seu PIB, o seu IPI ou a súa renda per cápita, é a capacidade de darlles todo o apoio a aquelas persoas que máis o necesitan”.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

Ademais disto, felicitou aos catro galardoados coa “varita mágica” deste ano. Por último, reiterou o compromiso da Administración autonómica por seguir traballando por unha Galicia mellor para todas as familias.


- Te recomendamos -