Inicio Galicia Fabiola García enxalza o traballo das entidades do ámbito da discapacidade para...

Fabiola García enxalza o traballo das entidades do ámbito da discapacidade para poñer en valor o potencial de todas as persoas

0

Recoñeceu o traballo en favor da integración do exconselleiro José Manuel Rey Varela e do presidente de Aspas, Marcelo de la Cruz Luzón, que foron os homenaxeados na convivencia deste ano

A conselleira de Política Social, Fabiola García, subliñou hoxe a importancia do traballo que desenvolven as entidades que actúan no ámbito da discapacidade para superar barreiras e poñer en valor o enorme potencial que teñen todas as persoas. Díxoo na celebración da XXIII Convivencia Familia Special Olympics, na que se homenaxeou ao exconselleiro Jose Manuel Rey Varela e ao presidente da Asociación de pais e nais de persoas con discapacidade intelectual de Santiago de Compostela (Aspas), Marcelo de la Cruz Luzón.

Fabiola García destacou a dedicación dos dous homenaxeados por facer de Galicia unha terra máis inclusiva e acolledora. Tivo palabras especiais de agradecemento para o seu predecesor á fronte das políticas sociais da Xunta de Galicia, Jose Manuel Rey Varela, de quen valorou a súa integridade e compromiso. Tamén destacou del o “sorriso aberto e sincero co que afronta calquera situación”, unha actitude que a conselleira dixo que é moi necesaria para avanzar nunha maior integración.

Nesta xornada lúdica e de convivencia, Fabiola García enxalzou o traballo, esforzo e afán de superación das persoas con discapacidade, así como o labor dos profesionais e o alento das familias na defensa da igualdade de oportunidades. Así mesmo, encomiou a tarefa que realiza o tecido de entidades a prol dunha sociedade sen prexuízos, polo que garantiu que a Xunta de Galicia seguirá a apoialas e a traballar conxuntamente con elas na procura do maior benestar destas persoas e das súas familias. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre