Inicio Galicia Fabiola García destacou o compromiso da Asociación Misela no aumento da autonomía...

Fabiola García destacou o compromiso da Asociación Misela no aumento da autonomía das persoas con discapacidade

0

A conselleira de Política Social informou de que se financian oito novas prazas públicas no centro de día que se suman ás sete que xa existían no centro ocupacional

A conselleira de Política Social, Fabiola García, puxo en valor o traballo da Asociación Misela no aumento da autonomía das persoas con discapacidade durante os seus 25 anos de historia. Así o manifestou durante unha visita realizada esta mañá ao centro afincado en Noia.

Fabiola García destacou a importancia de que as administracións traballen da man das entidades sociais para ofrecer a mellor atención ás persoas que máis o necesitan. Neste sentido, informou de que o Goberno galego financiou oito novas prazas públicas no centro de día, que se suman ás sete que xa existían no centro ocupacional.

Con este incremento, a asociación conta cun total de 15 prazas públicas para a asistencia das persoas con discapacidade, tanto na atención temperá, como na atención diúrna e no desenvolvemento da súa autonomía, cun centro ocupacional que mellora as súas competencias laborais. Un labor que vén realizando durante as dúas últimas décadas converténdose nun referente para a comarca.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre