Inicio Galicia Fabiola García destaca que a iniciativa 'Mocidade' promove a creatividade e o...

Fabiola García destaca que a iniciativa 'Mocidade' promove a creatividade e o espírito emprendedor entre as persoas novas

0

A conselleira de Política Social salienta o labor de calquera Goberno é atender e responder as necesidades e a pluralidade da xuventude

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu esta mañá á inauguración de Mocidade, un encontro entre mozas e mozos galegos e do Norte de Portugal que se celebra desde este venres e ata o domingo na Cidade da Cultura. Alí destacou o labor da xuventude na creación dun mundo mellor a través da creatividade e o espírito emprendedor, habilidades que promove esta iniciativa transfronteiriza.

Fabiola García destacou a importancia de que as xeracións máis novas impulsen melloras e cambios necesarios na nosa sociedade. Para iso, durante esta fin de semana, os participantes poderán escoitar charlas, ver exhibicións e asistir a concertos cos que inspirarse e poñer en marcha iniciativas propias.

Neste senso, lembrou que a Xunta de Galicia seguirá apoiando as mozas e mozos con ideas, que procuren innovar e derrubar barreiras. Fabiola García puxo en valor actividades coma esta nas que se logra poñer en contacto a unha mesma xeración de dous territorios con moito en común como son Galicia e o Norte de Portugal.

Sobre MocidadeMocidade é unha actividade enmarcada no proxecto Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo (LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre