Inicio Galicia Fabiola García destaca o programa ?Promociona? da Fundación Secretariado Gitano pola súa...

Fabiola García destaca o programa ?Promociona? da Fundación Secretariado Gitano pola súa achega á igualdade de oportunidades

0

Tamén apuntou a importancia deste proxecto para facer fronte a prexuízos e para amosar á mocidade xitana que poden acadar todo o que se propoñan

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe a importancia da educación como a mellor ferramenta para acadar a igualdade de oportunidades e a inclusión. Díxoo no acto conmemorativo do décimo aniversario do programa Promociona que desenvolve a Fundación Secretariado Gitano co apoio da Xunta de Galicia e que ten por obxecto loitar contra o abandono escolar.

Fabiola García fixo fincapé no acertado desta iniciativa para combater prexuízos sobre a comunidade xitana e para amosar ás propias rapazas e rapaces que poden acadar todo o que se propoñan sempre que teñan a oportunidade para conseguilo. Tamén puxo en valor o labor da comunidade educativa, xa que non soamente se trata de acudir ás aulas senón de que se sintan cómodos nelas.

A conselleira garantiu que o Goberno galego seguirá a colaborar coa Fundación Secretariado Gitano a través de programas como Promociona e Acceder, este último dirixido a mellorar a formación e a empregabilidade desta comunidade. Ademais, sinalou que a Galicia da vindeira década debe apostar pola convivencia co fin de conseguir que a diversidade cultural sexa vista como unha riqueza.

Apoio da XuntaA través de Promociona axúdase e oriéntase a mozas e mozos xitanos para que completen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e continúen a estudar. A Consellería de Política Social colabora anualmente con este programa, e concretamente este ano destinou ao mesmo 120.000 euros. Na celebración dos primeiros dez anos de traxectoria de Promociona, que tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, fíxose un percorrido polos logros do programa. Así mesmo, presentouse a campaña de sensibilidade social #PupitreGitano coa que se evidencian algunhas das causas do fracaso e abandono escolar das rapazas e rapaces xitanas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre