Inicio Galicia Fabiola García destaca o programa Nelson Mandela como un referente na reinserción...

Fabiola García destaca o programa Nelson Mandela como un referente na reinserción de persoas reclusas

0

No mes de decembro esta iniciativa recibiu o Premio Europeo de Servizos Sociais polo seu bo facer

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta mañá o programa Nelson Mandela, cofinanciado co Fondo Social Europeo, como un referente na reinserción das persoas reclusas. Fíxoo durante unha visita ao módulo da cárcere da Lama onde se está a implantar este proxecto destinado á reinserción sociolaboral das persoas internas.

A conselleira, que estivo acompañada do secretario xeral de Instituciones Penitenciarias e presidente da entidade estatal Trabajo Penitenciario y Formación para el Empleo (TPFE), Ángel Luis Ortiz, sinalou que nos seus dez anos de traxectoria, esta iniciativa, que comezou a desenvolverse no penal de Teixeiro, ten demostrado ser de gran utilidade na procura dunha sociedade máis xusta.

Fabiola García puxo en valor a importancia da colaboración institucional para levar a cabo proxectos coma este que ademais foi recoñecido no mes de decembro co Premio Europeo de Servizos Sociais. Así, agradeceu o labor de todos os traballadores e responsables implicados na súa posta en marcha.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre